Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A peso de cobre

miércoles, 26 de enero de 2022
Cada vez a democracia é máis plutocracia. Cada vez o dereito colle máis forma de euro e atribúese a capacidade de reformular a moral a peso de cobre. Entón cría becerros de ouro como Novak Djokovic que sitúa por riba do ben e do mal. Para que? Para xerar unha elite por riba da lei. Neste caso, como Djokovic xera riqueza, debemos eximilo do deber e recibilo. Isto chámase plutocracia.

O caso Djokovic lémbrame ao caso Adelson, quen seica apretou demasiado a Comunidade de Madrid e quedou sen o seu "soño". Como daquela voces claman por poñer a economía por riba da democracia e da lei. Como exemplo temos as declaracións de Almeida pedindo ao goberno que faga unha excepción para que o tenista poida xogar o Open de Madrid. Almeida xustifícase moi ben e ademais expón perfectamente os seus argumentos. O problema é que baten coa ética e coa moral.

Polo tanto só fica decidir se queremos vivir en democracia (todos dentro da lei) ou irlle comendo terreo a prol da arbitrariedade e converternos en plutócratas, aplicando os dereitos e deberes constitucionais a peso de cobre...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES