Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bóveda e Garzón

miércoles, 03 de septiembre de 2008
Todos os que o coñeceron, falaban ben de Alexandre Bóveda. Filgueira Valverde, Paz Andrade, Antonio Fraguas, Manuel Martínez López, Xocas... todos concluían que Bóveda fora a alma do primeiro Estatuto de Galicia, o teórico do galeguismo, un home da economía, galego e galeguista, de misa diaria, familiar, humano. Quíxose dar un especial escarmento, e Bóveda foi sacrificado na Caeira hai setenta e dous anos.

Na Coruña veñen de facerlle unha homenaxe a este símbolo galeguista erguendo unha estatua na súa honra, obra do escultor Francisco Pérez Porto. Mantense viva a memoria dun home chamado a grandes destinos na Galicia republicana. Bóveda é un dos nosos mortos máis coñecidos, gloriosos, que por riba do tempo segue presente en Galicia.

Baltasar Garzón ven de emprender unha das súas iniciativas espectaculares, estelares na súa xudicatura, pretendendo poñer nome a todos os mortos que aínda non o teñen. Para dar definitiva paz ós que perderon familiares naquel tempo difícil, mortos de xeito alevoso en ignorado paradeiro.

Non é doado tomar postura diante dunha iniciativa coma a de Garzón. Para uns, é reavivar vellas feridas. Para outros, é coñecer, saber, ver. Como aconteceu con Darío, fillo do alcalde republicano de Castro de Rei (Lugo), que presenciou o rescate dos osos de seu pai no cemiterio de Cortapezas (Portomarín), setenta anos despois.

Todos avogamos pola mirada adiante, por superar diferencias, por pechar feridas. Pero posiblemente haxa que coñecer e ver, saber, para que as feridas non pechen en falso. E o que xa é historia debe ser estudiado como unha histórica lección da que todos temos que aprender para sempre.

Se Garzón acerta, todos os mortos daquela guerra de irmáns serán coñecidos, e enterrados definitivamente en lugar coñecido. Coma Bóveda. Aínda que Bóveda siga sendo especial, aínda que Bóveda siga a ser unha bandeira que ninguén poderá erguer en exclusiva porque é xa patrimonio de Galicia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania