Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viveiro, moito fandango... e soños de amor (15)

miércoles, 19 de enero de 2022
Outras Festas:
A Virxen de Valdeflores

En septiembre aínda nos quedan as festas de Valdeflores e o San Cipriano en Vieiro.
Xunqueira é hoxe un barrio de Viveiro no que vive xente que soupo moi ben combinar o progreso coa beleza da zona. Foi un gran acerto poñer freo os especuladores inmobiliarios, buitres onde os haxa, que trataron no seu día de construir nas inmediciacións do convento. Camiñar pola veira de abaixo sigue a ser un pracer de exquisitos. Mágoa que se rompera a imaxe estética pola veira da carretera con edificios tan altos que rompen a armonía.

A festa de Xunqueira é en honor da Virxen, aparecida milagrosamente en Valdeflores, e celébrase na primerira quincena de septiembre. Misa moi solemne coas autoridades e outros invitados e logo procesión polo barrio. De seguido, sesión vermout no campo da festa, que ben sendo unha explanada moi fermosa ó carón do vello convento dominico. ¡Mágoa que estexa valeiro!.

Despois, xantar de dia de Patrona no que destacaron sempre os polos picantóns da casa Seara, as tartas das monxas e os "almendrados" (obreas cubertas de améndoas).

A noitiña verbena no campo da festa e foguetes de fin de remate, que pode repetirse con sardiñada o día siguinte.

O San Cipriano de Vieiro
(A meu cuñado Quico e Zardoya in memoriam)

Para rematar este circuito festeiro no que non se poden esquecer as festas de Area; o san Xulián en Landrove, con modernización peculiar e a recuperación das auténticas festas labregas; o san Xoan en Covas, otrora famoso polos seus percebes e hoxe recuperando o pulo con forza; remataremos istas memorias de novez co san Cipriano de Vieiro que ven sendo similar as descriptas ata agora. Misa, sesión vermout, xantar e verbena á noitiña.

Cada unha ten para mín as súas peculiaridades e así a festa de Vieiro, antiguamente celebrábase nun lugar pequeño, a un dous ou tres metros embaixo da carretera, e así ista servía de poleiro para a parola, moitas veces criticona. E xa non falo da temida festa de santa Bárbara, sempre bruta. Mais Vieiro sempre será para min xente moi querida e a patria do Ultreia, aquil equipo de fútbol de tan felices lembranzas mozas.

REMATE
Velahí una pequena excursión polas festas viveiresas dos nosos recordos, e que tratei de lembrar coma homaxe aos viveireses que viven lonxe esperando que estes felices recordos sirvan de aperta garimoso para o seu disfrute.

E nistas permitanme recordar con espoecial agarimo a aqueles mestres meus nas tarefas de escribir no Heraldo e que tanto boto de menos. Estou a falar de Neira pai, Gerino, Yacaré, D. Antonio Prados, El Pescador… e sirvan istas verbas de gratitude sincera pola súa labor. Asemesmo, disculpen tantos responsos por xente querida que esgotan o corazón e que só refrexan o sentir dun home no seu contorno e outono. Son fases da vida, que grazas a Deus afrontamos.

Só quixen que ser notario aficionado, cun linguaxe sinxelo, alonxadado de figuras literarias as que rara vez son aficioado, sabedor de que os meus lectores prefiren isa fala crara sen artificios literarios nin exhibicións de erudición. Só trato de agarimar con iste pequeno traballo a ises milleiros de viveireses que viven polo mundo adiante. Os meus desexos é que a vida sexa benigna con iles, lles vaia ben e lles sirvan de feliz recordo e fraternal aperta.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES