Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eugenio Montes candidato socialista por Ourense en 1931

lunes, 31 de enero de 2022
A vocación política de Montes formou parte da súa historia de vida, primeiro vinculado ao Partido Socialista, como candidato por a provincia de Ourense ás eleccións constituíntes de xuño de 1931. A partir do ano 1933, o seu destino político da un xiro de 360º, únese aos postulados da Falanxe, traba unha forte amizade con José Antonio Primo de Rivera, "Tuve amistad intensa con José Antonio (...) estuve con él en París, en Roma y en Berlín". Estas coincidencias débense a que Montes foi correspondente de prensa do ABC e o Debate en Berlín, en Roma e en París.

As eleccións foron convocadas por Decreto da Presidencia da República o día 3 de xuño de 1931, publicado no número 155 da Gaceta ao día seguinte.

Esas Cortes Constituíntes, terían tres novidades: unha soia cámara, elixida por sufraxio universal masculino; podían concorrer como candidatos ademais dos homes, as mulleres e os sacerdotes e a maioría de idade pasaba dos 25 aos 23 anos.

Montes fai a petición do voto: "A los electores de la provincia de ORENSE"
É un documento ben estruturado, cunha mensaxe clara, directa, concisa, razoada e persuasiva, os seus inputs, van dirixidos de forma precisa e oportuna, unhas veces a mente e outras ao corazón do votante.

No título, é de destacar, o impacto dese efecto primacía, que leva o chamamento directo, case personalizado de "A los electores de la provincia" e a grandeza de Ourense, ao escribir a palabra toda en maiúsculas "ORENSE".

Na entrada, sitúanos no día sinalado e o carácter do servizo público, "en esta hora matinal", a fluidez do tempo e a primeira hora da mañá. De forma sutil está transmitindo que a tarefa máis importante dese día é a de ir a votar.

En Montes, aparece con frecuencia a potencia da metáfora, "España se apresta a hacer con su propia tierra la escultura de su destino", apela a responsabilidade, cada votante ten unha peza desa gran obra, que é o voto e que nel está a decisión de colocala, non colocala ou situala no lugar adecuado, e dicir, votar, non votar, ou votar por a persoa idónea.

No corpo do documento, temos varios apartados:

Comezamos por a "urgencia", que a modo de prevención, quere evitar que as Cortes constituíntes non estean "a la altura que los tiempos reclaman", non se lle poden entregar a "profesionales de la política, señoritos incompetentes o a gente incapaz".

A misión é a de "organizar un país y de meter en caja un destino". Por o contexto, eu entendo, que Montes quere unha España moderna, actualizada e liberada, tanto de estruturas estamentais como caciquiis.

A preparación, a ética e a capacidade intelectual, son os tres pes nos que se apoia a sua petición de voto, "elegir sin otra consideración que la que le merezca la CAPACIDAD INTELECTUAL DE LOS CANDIDATOS Y SU LÍNEA DE PUREZA ÉTICA; su preparación y su desinterés por beneficios y regalías".

Considera que é necesario analizar o perfil dos candidatos, dado que nas candidaturas hai de todo, "se mezclan en blanda promiscuidad, hombres de conducta limpia y hombres de conducta sospechosa, austeros trabajadores y seres improvisados, hombres con una obra a su espalda y nombres inéditos, de muy mediocre calidad".

Nesas candidaturas, Según a información de La Región, de data 26/06/1931, no apartado "De elecciones, Candidatos que luchan, ían persoas polas que Montes tiña unha gran admiración, trato persoal e moito respecto, tales como era D. Ramón Otero Pedrayo e D.Vicente Risco, penso que tamén por D. Basilio Álvarez.

Na candidatura de Alianza Republicana ía D. Basilio Álvarez. Sacerdote e avogado.

Os nacionalistas galegos: D. Ramón Otero Pedrayo, director de instituto e D. Vicente Martínez Risco, profesor da Normal, ían coligados cos Radicais Socialistas.

O partido Socialista presenta ao anterior candidato e a don Manuel Suárez Castro, tenente de alcalde do concello de Ourense. Co mesmo carácter de socialista presentase o escritor D. Eugenio Montes, catedrático do Instituto de Cádiz.

Según a información de "La Zarpa, de data 26/06/1931, Candidatos para Deputados a Cortes:
D. Eladio López Pérez. Avogado. Dereita Liberal Republicana.
D. Octavio Lezón Burdeos. Notario. Dereita Republicana.
D. Maximino Rodríguez Rodríguez. Avogado e Agricultor. República Federal.
D. Eugenio Montes Domínguez. Catedrático. Socialista.
D. Ceferino Valencia Novoa. Avogado. Republicano Independente.
D. Antonio González. Avogado e Mestre. Representante do Maxisterio Nacional.
D. Javes Alvárez Estévez. Avogado. Dereita Republicana.

Votar, require un acto reflexivo, o voto debe de ir para a persoa formada, que aporte valor na Cámara de representantes na súa área de coñecemento. "Si los electores de Orense me otorgan su confianza, yo intervendría en aquellas cosas a las cuales me empujan una vocación insistente y un estudio asiduo cuyos resultados son notorios en mi labor de escritor.

Yo intervendría para organizar, de arriba abajo, de la Universidad a la Escuela, la enseñanza, conforme a las normas que presiden los trabajos que en la prensa he dedicado a este tema, el más trascendental de la vida española".

Montes foi un gran defensor da ensinanza pública.

"Yo intervendría para reclamar todas las justas exigencias de Galicia, hasta el límite máximo que permitan la cohesión nacional y la universalidad que caracteriza la cultura".

É curioso descubrir ao Montes descentralizador, máis ben autonomista, que vela por os intereses de Galicia.

"Yo intervendría, en fin, en problemas económicos de acuerdo con la actuación del partido socialista, cuyo criterio comparto en esta materia en su totalidad".

Vai cerrando a petición, xuntando dúas variables moi importantes, que son o traballo e a solidariedade. Diagnostica que "lo único capaz de salvar a España es la íntima solidaridad de todos los trabajadores intelectuales y manuales".

E cerra cunha petición e un compromiso. "A ellos, a los obreros e intelectuales de Orense, me dirijo, en solicitud de su voto, con la promesa de que, si no fuera favorable, ello no me restaría fervor para desde la cátedra o el periódico, desde la tribuna o el libro, poner todo mi esfuerzo en pro de sus reivindicaciones justísimas".

Ao final do escrito aparece no centro o se nome cos dous apelidos, que transmite unha imaxe de equilibrio e sobriedade, non abusa das maiúsculas, soio as precisas ao comezo do nome e dos apelidos, xunto co orgullo do seu linaxe, tanto paterno como materno ao incluír os dous apelidos. "Eugenio Montes Domínguez".

Esa etapa do Sr. Montes de ideoloxía de esquerdas, está recollida nesta cita do Sr. Alberti, que copio a continuación:

"(...) una noche de ese mismo enero del café La Granja el Henar saldría formando grupo, casi todo él de intelectuales, que calle Alcalá arriba intentará arribar a la casa del Rey. Al llegar a la puerta del Sol, ese pequeño grupo ya se había convertido en una gran manifestación que, a los gritos de "¡Muera Primo de Rivera!, ¡abajo la Dictadura!", bajará por la calle Arenal, ansiosa de volcarse en la Plaza de Oriente. Entre esos manifestantes iba yo, acompañado de Santiago Ontañón -ya un gran escenógrafo- y del alambicado, pedantesco y cursilón falangista de ahora Eugenio Montes, que era el que más gritaba. Rafael Alberti.

O poder de convocatorio que tivo Montes foi discreto, así o demostran os 8.023 votos recibidos, a distancia considerable de D. Vicente Risco con 13.033, de D. Ramón Otero Pedrayo, 25.628 ou de D. Basilio Álvarez con 30.586. Según información de La Región de data 30 de xuño de 1931. Conseguiron escano D. Basilio Álvarez e D. Ramón Otero Pedrayo.

En Galicia gañou a Federación Republicana Gallega, fixo diferentes alianzas en cada unha das provincias. Tras as eleccións, creouse o Partido Galeguista, que se integrou na Federación Republicana Gallega (FRG).

As nove actas de deputado da provincia de Ourense foron as seguintes:

FRG-PRRS-NazRep -DLR 35.443

D. Ramón Otero Pedrayo (NazRep); D. Manuel Becerra (PRRS) e D. Alfonso Pazos (GRI)
Conjunción Rep Soc. 41.327

D. Basilio Álvarez, D. Luís Fábrega e D. Justo Villanueva (PR Radical). D. Manuel Martínez-Risco (AR) e D. Alfonso Quintana (PSOE)
Unión Monárquica 27.493

D. José Calvo Sotelo

Fonte: Votos del candidato más votado de cada lista presentada, según Javier Tusell: "Las Cortes Constituyentes de 1931: unas elecciones de transición".
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES