Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 21 de enero de 2022
Rir é fácil e bonito

Botei a rir porque me gustou o chiste. O chiste, a verdade, non sei xa de que ía. Pero como rir é tan fácil e tan bonito, pois deille corda á alegría. Cando un ri, queda así como liberado. Como liberado das penas. Ou das angustias. Mesmo dos medos. Si, tamén é certo que ás veces non queda outra que rir co medo. Rir é bonito, raio. É tan bonito que os políticos, para non decepcionarnos, están sempre a rirse de nós. Como debe ser. Alegría na horta!
Pingas de Orballo Eu case sempre estou rindo, porque, a maiores de que é bonito e fácil, sempre estou contento. Cando poño algo, só algo, cara de ferreiro é máis ben no pensamento. Pero a miña cara seguro que amosa un sorriso enorme, esplendoroso e practicamente continuo. Falando de sorrisos, hainos que transportan a un case ó sétimo ceo. A pena ese case. Pero agora non vén a conto. E como vai vir a conto se estamos falando da risa. Desa risa que din que é o disolvente universal das preocupacións. Pero, que bonito, por Deus!
Tamén Mark Twain seica dicía que a raza humana só ten unha arma realmente efectiva: a risa. Por iso eu as mato calando; non fai falta nin que dispare nin que deixe caer palabras raras, chégame con deixar estourar a gargallada. Con risas e gargalladas derroto a calquera. Adoito practicar moito rindo só para, despois, á hora da verdade, soltar toda a risa de cachón e que a xente pense que divertido son. Sinceramente, son un tipiño normal que, como rir é fácil, deixo escapar unha risa amigable, cariñosa, sentimental. Porque, olliño, tamén hai que saber rir. Eu río moito e ben. E moi bonito, iso si.

O fantoche das ansiedades
Que dous días! Que dous días levo! De aquí para alá. De alá para o quinto inferno. Do quinto inferno á fin do mundo. Non parei. Non paro. Que se había que facer aquilo, facíao. Que se tiña que ir para aquel lugar, ía. Que non te sentes, que hai que facer; xa nin o intentaba e facía. Que non mires, que perdes o tempo; e pechaba os ollos. Así, durante dous Pingas de Orballodías. Fun e vin. Soñei e vin a realidade. Corrín e medio afoguei por falta de folgos. Meu Deus, que forma de moverme. Fun o fantoche dunha vida chea de ansiedades. Fun a marioneta desa ansia que é a que realmente move os fíos.
Que dous días! Pero agora chegou o descanso do guerreiro e sento nunha mesa do parque das Mestras para rir un pouco desas présas que me angustiaron sempre e que, si, aínda me angustian. Son un agonías. Pero tan só cando eu quero, cando quero facer algo que sei que teño que facer. Para que esperar. Se hai que facelo, pois canto antes, mellor. E cando está feito, entón si, entón podo ser a nugalla personificada ante, por exemplo, esta mesa de pedra na que estou quietiño coma un paxariño. Aquí podo contemplar e contemplo os carballos das Mestras intentando atopar a rula que está a cantar. Cando a encontro imito o seu canto e empezo a pensar nos biosbardos.
Que dous días pasei! Agora, con que calma o penso! E tal como estou xa non me importa que a vida sexa unha agonía, que eu deixo caer a cabeza sobre a pedra para rememorar o que foi e o que hai. O que será, xa Deus dirá.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES