Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non cabe dúbida

jueves, 20 de enero de 2022
Non cabe dúbida que nestes tempos estanse producindo moitos cambios.
Quizais uns dos cambios que máis afectan á vida de cada día son os que se producen nas familias.

¡CANTOS CAMBIOS SE DAN NAS FAMILIAS!

Hoxe en día estase intentando recuperar certos dereitos da muller como ser humano que é.
CERTOS DEREITOS QUE FORON MOI IGNORADOS E ASOBALLADOS E QUE COSTA POÑER NO SEU DEBIDO LUGAR.
A veces tamén se producen excesos en sentido contarrio; pero no medio está a virtude.
Estes cambios afectan tanto ó home como á muller.

Algúns dos cambios que se van recuperando son:
- A INCORPARACIÓN DA MULLER Á EDUCACIÓN A TÓDOLOS NIVEIS.
Sábese que cada persoa ten a súa valía e os seus talentos tanto ten que sexa home como muller.
Xa son menos o compartimentos estanco diferenciados por razón de xénero.
Aínda que a muller non alcanza tantos postos como os homes porque a maternidade aínda non está tan protexida como debera.

- A INCORPORACIÓN DA MULLER Á VIDA LABORAL FÓRA DO FOGAR, para sentirse plenamente realizada e gozar de autonomía económica, persoal e social.

- OS MÉTODOS DE PLANIFICACIÓN FAMILIAR que permiten ás parellas planificar a súa descendencia.

- QUE A COCIÑA E OS LABORES DO FOGAR SON RESPONSABILIDADE TANTO DOS HOMES COMO DAS MULLERES porque ámbolos dous forman unha unidade familiar, ambos traballan fóra da casa, ambos exercen de pais e nais, ambos manchan, ambos fregan...

- QUE AMBOS PODEN TER AS SÚAS CARTILLAS DE AFORROS COMPARTIDAS OU NON, porque ambos teñen autonomía económica.

Estes son algúns dos cambios que inflúen na vida social destes tempos.

A moitas persoas parécenos que IR ASUMINDO ESTES CAMBIOS é moi positivo para que tódolos seres humanos gocemos de liberdade e benestar.

Tamén nos parece que DEBERÍAMOS EDUCAR MÁIS PARA A CONVIVENCIA.
APRENDER A CONVIVIR PARA SER FELICES, FACENDO FELICES ÓS DEMAIS.
Non podemos ser felices en soidade.

Pero...
¿EN QUE MEDIDA EDUCAMOS PARA CONVIVIR?
¿EN QUE MEDIDA EDUCAMOS PARA FECER FELICES ÓS DEMAIS?
¿EN QUE MEDIDA EDUCAMOS PARA CONSTRUIR FAMILIAS SOBRE BASES SÓLIDAS?

- NON CABE DÚBIDA que cada persoa pode organizar a súa vida como mellor lle pareza, sempre en cando o faga sobre bases sólidas.
- Bases sólidas: PARA A SÚA PROPIA PERSOA en primeiro lugar.
- Bases sólidas: PARA A FAMILIA, en segundo lugar.
- Bases sólidas: PARA A SOCIEDADE, en terceiro lugar.

Afortunadamente son moitas as persoas que optan por convivir, por facer felices ás persoas coas que conviven, por construír familias sólidas, polo matrimonio civil e moitas polo canónico tamén.
As súas razón teñen.
Saben que son as unións que gozan de máis estabilidade, de máis beneficios e mais garantías de futuro.
Non son familias perfectas.
As familias perfectas NON EXISTEN porque todas teñen problemas.
Problemas hainos tódolos días e co paso do tempo van aparecendo máis: achaques, enfermedades, contratempos económicos...
Pero as familias que optan por este tipo de unións matrimoniais, saben que cada problema ten a súa solución.
Saben que ámbolos dous forman unha unidade familiar e todolos esforzos merecen a pena regándoos con amor e comprensión tódolos días.

"AMOR E COMPRENSIÓN"

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES