Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pois hai que xirar, xiremos

martes, 02 de septiembre de 2008
No meu maxín musical, forxado nos longos anos de radio, dúas cancións dan voltas cando penso na Xira. Por deformación profesional, en lugar de citas literarias xórdenme cancións. Unha delas, de Xil Ríos, que co “Xirarei” leva camiñado polos vieiros da música galega alomenos tres décadas. A outra, “Il mondo” conta que “o mundo xira / no seu espazo infinito / con amores que comezan / con amores que rematan / coas penas e ledicias doutra xente coma min”.

En tempos, “Xira” significaría desprazamento, pequena viaxe para que os urbanitas convivisen por unhas horas co rural, cercano no espazo, lonxano a cotío. Hoxe dicimos “Xira” e concebimos -como en “Il mondo”- a imaxe de danza interminable, volta sobre un pé, ledicia por inmersión nunha “naturaleza” formada por milleiros de persoas que se sinten no rural por ter árbores e río á súa beira.

Teño que recoñecer que nunca fun á Xira que se celebra polo San Ramón desde tempo inmemorial. Sabía dela, porque a Xira era elemento imprescindible no programa que se publicaba nos vellos folletos de antano, e seguiu sendo sempre moi importante nas festas vilalbesas. Agora, xa non cun día senón con dous, coa xira popular e a da terceira idade. Hoxe dicimos Xira, e dicimos festa. E se dicimos “Xira da terceira idade”, falamos de danza sen deixar de xirar co mesmo pé.

Esta dos vellos xuntou este ano doce mil persoas ás que arengou Quintana, que veu actuar á Magdalena diante dun público numeroso e entregado ó que só lle faltaba entoar o de “Que buenos son” por levalos a tan leda excursión. Non apreciei que houbera misa campestre, elemento que poñería a guinda dun completo programa para unha festa que responde de xeito especial ó seu nome.

A Quintana, halle costar unha bronca cos seus socios de goberno, pero que lle quiten o bailado. Porque ós seus socios non lle gusta que, despois de ter criticado duramente ó noso paisano, patriarca político, use agora os mesmos lugares, as mesmas xentes, as mesmas festas.

Está ben, e barro para a casa, que alguén se acorde da terceira idade para facer festa, xa que se a vellez chega no momento da xubilación, a min quédanme pouco máis de tres anos para poder convertirme en festexeiro. E se todo esto lle sale ben a Quintana e recunca, vou poder xirar ás súas ordes nalgunha destas celebracións nesa época dourada na que non se teñen maiores aspiracións nin preocupación que deixarse querer polo gobernante de turno.

Esto de xirar recórdame aquelas excursións – xiras - que na primavera se organizaban na antiga Academia Santa María. Eu fun organizador no curso 1963-64, en que cun inmenso autocar cheo de alumnos, pais e profesores, viaxamos a Santiago e desde alí, pola costa, ata Santa Trega en aguerrida expedición.

Capitaneaba a comitiva Don Adolfo, Párroco e Director da Academia, e con el ó frente invadimos a base americana de observacion situada na punta da Estaca de Vares, onde os sorprendidos estadounidenses non sabían que facer con aquela turba vilalbesa, variopinta expedición que os derrotou á primeira embestida.

Dous alumnos organizabamos todo. A Academia daba o Visto e Prace, e a viaxar nunha xira turístico-cultural que lembrariamos sempre. Aqueles adolescentes estamos a punto de entrar na terceira idade. Cando todo esto xire un pouco máis, xa poderemos ir de Xira.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES