Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 19 de enero de 2022
Alá vai... Alá foi

Alá vai. Alá vai o caderno co que me agasallaron os rapaces o Día do Pai. Con todo o que me amolan eses Días de... Sempre direi que tales festas as implantou El Corte Inglés. Pero hai que recoñecer que esta celebración, este agasallo é distinto; é dos fillos. E os fillos xa son palabras maiores. "Como estás sempre escribindo...", me dixeron. Empeceino o 24 de marzo do ano pasado, claro, e remátoo o 13 de xaneiro deste ano. Case un ano deixando caer ideas, opinións, soños, fantasías, pensamentos, sentimentos... e, si, tamén trapalladas, estupideces, parvadas, burradas, sandeces...
Pingas de Orballo Alá van 190 relatos xustos, dos que, case ou sen case, 180 foron para esta sección, a de Pingas de Orballo. Porque, cada cara da folla, cada páxina daba xustiño para o Pingas. Foron tamén 190 relatos escritos fóra da casa, ou sexa, nas cafetarías e as súas terrazas, xa que no fogar escribo sobre o propio ordenador. Certo que despois, os que escribía fóra, pasábaos ó portátil e, claro, ó mellor metíalle algunha frase máis (xa digo que a páxina daba moi xustiño para a sección) ou facíalle algunha corrección.
A partir de agora podía seguir co caderno mercando máis follas (é un caderno de argolas), pero non; este será sempre o orixinal. Para os futuros relatos xa teño uns caderniños preparados (a base da reciclaxe dos cadernos dos rapaces da época dos colexios) á medida dos petos das camisas. E se non, tamén podo optar polos panos de papel que teñen os cafés nos mostradores e nas mesas. O que si é certo é que o "caderno dos rapaces"... alá foi.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES