Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 18 de enero de 2022
Eu tamén vexo mortos

De cando en cando eu tamén vexo mortos. Xeralmente, polas noites; cando pecho os ollos. Algunhas veces, polo día; cando os teño abertos. E son como fantasmas que se me presentan se avisar. Póñense diante de min, míranme intensamente e, uns, sorrín e, outros, cóspenme. Como non son parvo, entendo ben o que significan os seus xestos. Se me sorrín foi porque os tratei ben, ou polo menos, os recordei; e se me cospen é porque algunha falcatruada lles faría. Porque, parvo non son, pero santo tampouco.
Pingas de Orballo Agora mesmo teño os ollos abertos, é de día e vexo un. Está sentado a unhas cantas mesas de onde eu me atopo tomando café, na taberna de Secundino, O Malparido. Mírame de mala maneira. Sei ben por que. É un francés ó que atravesei coa miña baioneta alá polo 2 de maio daquel ano que todos sabemos, pero que non foi o 2 de maio, senón xusto ó día seguinte, o 3. El e nove máis quixeron conquistar o punto estratéxico da fonte da Lameira. E co meu Baños de Molgas non se mete ninguén. Alá marchei eu só, pois non precisaba a ninguén máis. Esperei a que se durmiran e atraveseinos ós dez coa baioneta. A traizón. E que? Estabamos en guerra. E nas guerras está permitido todo. Coas guerras todo se xustifica. Ou non. Porque agora mesmo dáseme por pensar que os espectros eses igual os produce a miña conciencia. Se a teño, que tamén o dubido. Pero algo ten que haber aí, porque non é normal que eu, tanto de día como de noite, en días laborais e festas de gardar, tamén vexa mortos. E véxoos. Un está a mirarme de mala maneira.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES