Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A hipocrisía dos críticos

lunes, 17 de enero de 2022
A hipocrisa dos crticos A semana pasada, a maiores das correspondentes noticias sobre esta pandemia que nos trae polas rúas da desesperación e da angustia, non se falou doutra cousa que non fose o caso Djokovic e o caso das macrogranxas ou das explotacións intensivas, que sacou á palestra o ministro de Consumo, Alberto Garzón.

Vai por diante o meu rexeitamento a calquera declaración, opinión ou decisión que tome calquera político, calquera partido político e calquera que gobernase no noso país sobre o sector primario, sobre o sector agrícola e gandeiro porque nunca, repito, nunca se consagraron, nunca se entregaron ó sector labrego. Nunca. Este sector sempre foi o patiño feo do Estado español. E non vale que gobernaran uns ou outros, pois nin uns nin outros deron unha cadela pola agricultura. É máis, sempre lles puxeron pexas e atrancos e obstáculos e o que cadrase.

Sobre a falta de calidade na carne desas macrogranxas que denuncia Garzón, axiña asomou a hipocrisía dos críticos, que se puxeron como brasas defendendo a boa calidade, cando, na realidade e no fondo, todos estamos de acordo en que os animais das granxas non teñen aquel sabor como teñen os criados nas casas ou en explotacións extensivas. Dicía estes días nunhas declaracións un gandeiro da nosa provincia que tamén comiamos pitos e polos das granxas e que non pasaba nada. Certo, pero sempre dicimos aquilo de "é de granxa, non sabe como o da casa". Ou sexa que, menos hipocrisía e máis recoñecemento. A maiores que, sinceramente, como se engordan os animais das explotacións intensivas? En que condicións están eses animais? Máis ou menos sabemos todos como fan e como están. Así é que...

E esta pequena guerra política (que non é máis que iso) volve amosar o comportamento de certos personaxes que seguen a pintar o ridículo cada vez que aparece algo ó que pensan que lle poden botar bocado ou sacarlle crédito. Rajoy falaba duns "hilitos de plastelina" cando foi do Prestige. Núñez Feijóo axiña apareceu cunha mangueira de casa simulando que axudaba e apagaba un incendio, aquel ano no que Galicia ardeu case por completo (normal, apagando cunha mangueiriña...). E agora Pablo Casado fai unhas declaracións diante dunhas vacas, para que se vexa que está co sector gandeiro. Estou por apostar que nin tan sequera sabe cantos tetos ten o ubre dunha vaca. Cando remate esta controversia, ninguén volverá a pensar no sector primario. Coma sempre.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES