Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Queremos crer no Ave

martes, 02 de septiembre de 2008
Nesta vida compre ter fe. En moitas cousas. Compre ter fe, e dela deriva a esperanza. Queremos crer no Ave, como proxecto realizable, como realidade necesaria para un pais como Galicia, situado no noroeste lonxano, tras das montañas, lonxe do resto do territorio español.

Non é que teñamos o Ave idealizado como panacea da nosa lonxanía e incomunicación, porque colectivamente hai moito tempo que deixamos de pensar no tren como xeito de viaxar, como medio de transporte. Tanta incomodidade, tanta distancia, tanta deixadez fixo que deixasemos de mirar hacia o tren como algo útil, válido, vertebrador e si como un medio obsoleto, lento, distante.

E agora o Ave une cidades españolas a unha velocidade que duplica a que os vehículos poden alcanzar nas autopistas, é cómodo e rápido, chega ás autonomías que o disfrutan en momentos importantes da súa existencia. En Andalucía xa é un medio vetusto a pesar da súa modernidade.

En Galicia temos prometido o Ave para o 2012, e para moitos resulta difícil de crer porque estamos case ó remate de 2008. Pero os gobernantes comprometen a súa palabra. Magdalena Álvarez aínda non dixo nada importante contra do Ave galego, o Presidente Touriño vai a Madrid e reafírmanlle a promesa e mesmo o Presidente Zapatero ven a Galicia a confirmar que o Ave vai chegar a tempo a Galicia.

Nada máis podemos agardar en canto a palabras. Quedan unicamente as obras. Catro anos pasan nun suspiro, e aquí estamos moi afeitos a suspirar languidamente. Non será a fe do carboeiro, que sempre se pon de exemplo para falar do que cre por riba de calquera circunstancia. A nosa fe é razonada, pensando que despois do dito ninguén pode volverse atrás. Da fe razonada xorde unha razoable esperanza en que o Ave -que ten que ser bo para Galicia se o é para o resto das Españas- veña por fin a Galicia, en forma e tempo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania