Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Adulación de Don Carnal

miércoles, 19 de enero de 2022
Sempre considerei que as cuestións espirituais son aspectos íntimos que ás veces custa colectivizar. Mesmo ás veces non é necesario facelo, como é o meu caso. A cuestión é que ao igual que hai persoas que viven intensamente o Nadal, a Semana Santa ou algunha festa que forme parte da súa Historia e arraigada nas súas emocións, eu confésome adulador de don Carnal. Para min é a mellor época do ano, iso si, demasiado curta para homenaxear o máis importante que teño, o meu sustento vital que me permite autorrealizarme: a liberdade.

Chega don Carnal e, por uns días, deixo de sentir o peso social do "que dirán" e vístome de liberto para ser eu mesmo. Entón quizais son un confrade de don Carnal, el obrígame a non calar, a ser libre e a escribir todo o que gardei no transcurso do ano para min. Ademais faime rimar para que a cousa quede no terreo do humor pero sen esquecer que o humor é importante porque arríncanos da realidade para vela dende fóra.

Pasiño a pasiño vai chegando don Carnal e a miña lingua vaise afiando obrigando a desatar emocións contidas coa mesma pluma coa que procuro non saírme do politicamente correcto. Que bon é que chegue este tempo ceibe do que moitos cabalos de alta "silla" deberían de aprender a escoitar e ter a humildade de recoñecer os erros e remedialos. Para iso detrás de don Carnal vén a coresma...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania