Singular Casa Conors
Fernández, Suso - lunes, 01 de septiembre de 2008
Hai só un par de semanas ocupábamos este espacio semanal con comentario referido a unha nova gozosa: a posta en servicio de dous hoteis na bisbarra, elementos éstes dos que, según tódolos estudos dos expertos, somos deficitarios. Trátase, como dixemos no seu día, de unha oferta diversificada, en canto que un deles se ubica na beiramar, pretiño da praia, e o outro no medio rural, rente ó río, en paraxe bucólico de grande fermosura; dualidade que permite atender gustos ou sensibilidades distintas; posibilidade que potencia os atractivos da zona porque nela o visitante poderá disfrutar das súas preferencias en orde a elexir o medio no que desexa que transcurran as súas horas de lecer, de autocomplacencia. Nesa liña un novo elemento ven a incrementar o catálogo para e elección e polo tanto a potenciar unha oferta que ven a cubrir espacios que acaso non teñan parangón na xeografía comarcal.
A pasada semana tivemos a oportunidade de asistir á inauguración dun hotel de especial singularidade: emplazado na faldra do monte do Bispo Santo, en Forxán-Foz, pretiño de onde a tradición da por feito que dende alí o milagreiro santo divisou e afundíu as temibles naves normandas, o mesmo ten ó dispor dos clientes atencións que apenas poden atoparse en lugares semellantes, porque Casa Conors -tal é o seu nome- propón unha estancia de luxo e tranquilidade destinada a esa xente especial capaz de atopar a beleza e a elegancia cando se fai evidente.
A música de calidade, acariciante, envolve a intimadade das súas estancias, e mesmo pode o hóspede ocupar as suites de Chopin ou de Vivaldi, ou pernoctar nas habitacións de Mozart, Bethoven, Debussy ou Bach e disfrutar dos concertos de cámara de música clásica, en vivo, de recitais de Cante Hondo, Danza Flamenca e Contemporánea
que a Casa vai a programar ó longo do ano, na súa sala de concertos, de excepcional acústica, presidida por piano de cola, e igualmente de estudio de gravación dotado da mais avanzada tecnoloxía. A piscina climatizada, spa, solarium, ximnasio, salón de masaxes, así como sistemas de comunicación de última xeración, fan de Casa Conors un hotel verdadeiramente singular, acaso único. Unha gozada.

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora