Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O gusto por manter unha cultura (9)

jueves, 13 de enero de 2022
Sempre queda a esperanza

Antonio Tovar en Calados esconxuros, tamén escribiu un poema que describe moi ben aqueles tempo escuros de pedra. Certamente eran outros días pero pode aplicarse a estes de fibra de vidro, como unha fórmula matemática. Aínda así, antes e agora é precisa a esperanza, porque sempre poderán aparecer bocas da terra (como diría Manuel Rivas) que recollan a lingua, incluso nos tempos máis difíciles.

"Lingua que rexeitaron os meus pais"

"Borraran os letreiros dos camiños
cos ben amados nomes das antergas vilas,
dos silabarios das escolas algareiras
borraran o cantar humilde e puro
da língua popular.
Soio no escuro das lareiras
no apartado silencio dos labregos labios,
esquecida das espadas poderosas,
borboriñaba a nosa lingua triste.
Aferrollada fora coma unha delincuente.
As maos sen calos do traballo,
requintadas e doces, relixiosas,
enfeitadas co ouro dos aneis
roubados ó suor dos pobres
empurraran a lingua nobre e pura
a un cadafalso de vergoñas.
Meus pais, tamén, amados ignorantes,
obedecerán as ordes que o espadón
deborcara na poza de Galicia.
E, agora, veleiquí a xenreira xusta
dos mozos nobres e libertadores
tirando do pescozo da aforcada
o barazo inxusto, o odio do canalla.
(...)
Estás agora viva nos meus beizos fondos,
estás agora viva nos meus dedos de home
e acariñando vou teu corpo rebrincante
que ten ás de bolboreta nas palabras."

Pondal, no Rexurdimento, falaba da lingua como ese elo silencioso que xunta o aquén co alén, a Galicia interior e a emigrante, a dispersa que se esparexeu polas terras do mundo ata cantar que había un galego na lúa porque ala a onde ías o atopabas. A lingua franca, aberta para entenderse cos nacidos nesta terra ou cos que gardan o sons das verbas das avoas transplantadas a afastados países.

"Ti, sinal misterioso
dos teus fillos serás
que polo mundo dispersos
e sen abrigo van;
e a aqueles que foran
nunha pasada edá".
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES