Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viveiro, moito fandango... e soños de amor (14)

miércoles, 12 de enero de 2022
Naseiro: O paraíso dos deuses

A Alejandro e Xil, os xitanos, e outros compañeiros seus que atoparon a miña cesta chea, coas cousas propias do Romaxe Do Bó Xantar, e leváronnas ao portal da miña casa. Para que o mundo comprenda a súa xenerosidade e aprenda deles.

Ninguén sabemos como é o ceo, aínda que pode haber algún tolo coma mín que non espere outra cousa mellor que o Naseiro... Pode habela, pero na Terra ¿ula é?.

Dicía Noriega, que de poesía sabía un cacho moi longo, que: "A remedo do Naseiro fixo Deus o paraíso". E, sendo certa a afirmación, eu engado: O espello para pintalo colleuno no Landro baixando paseniño polo seu carón. ¡E ben que o pintou!. Se ise ceo prometido é como me teño sentido eu en Naseiro, conmigo Deus xa cumpre. Non hai hedonista algún que experimente máis pracer.

De sempre sabemos que Naseiro e irmao xemeo de Baco, quen por certo tiña un fillo, Botellón, que morreu de cirrose; pero Naseiro sempre foi máis listo. E, seguindo o fio, que me recorda un amigo do arcipreste de Hita, que en farras era moi experto, dime que sempre prefireu "haber mantencia e yacer con muller fermosa". E nada é imposible despois dun bó xantar, beber o preciso e disfrutar dun palleiro para a sesta, cunha axeitada compañeira... Sempre se pode soñar. É o tesouro dos pobres.

O que sempre tivo claro Hedone, a deusa do pracer e mai de Baco e de Naseiro, é que os seus fillos andarían ceibes trouleando pola festa sen importarlles se chovía ou escampaba. Que iles naqueles días tanto xantarían unhos callos, como subirían os cabaliños da atracción; tanto beberían calimocho, como bailarían un merenguiño choupando na lama; tanto botarían uns cantarins nunha mesa, como axiña tomarían o cubata na outra; tanto amarrarían a femia para agarimala, como elas bicarían niles como é xusto e necesario; que tanto mercarían un colar ou un sombreiro, como botarían un "foguete" real ou imaxinario; tanto atravesarían o Río para ise sexo apurado, como se mollarían nil no descenso humorístico; tanto subirían ó palco a facela comedia, como sacarían unha foto no fotomatón; tanto adornarían a mesa con bandeiriñas, luces e flores, como comerían requeixón ou xamón cocido; tanto subirían a cama elástica, como xogarían a ver se toca outro perrito piloto; tanto bacilarían a un amigo, como cantarían con il unha ranchera; tanto dormirían a chea,como voltarían a buscar beberalla de botiquín en botiquín...E todo isto aderezado coa bronca da muller ou moza, se a houbera, que diría: "porque sempre bebes de máis"; se "hai que mirar dos nenos ou levalos os coches eléctricos"; "que non te preocupas de nada e non axudas a fregar"; se "¡malracaniño!, se te vas e deixas ós invitados na mesa e non volves"... Sen falar do pulpo ou do polbo, que, dito sexa de paso, non montan tanto un como o outro, porque por moito que digan un é cocido e o outro pode ser de moitas maneiras, desde apurado ata suaviño. E ningún deles desmerece porque, aínda sabendo ben os dous, cada cousa no seu; nin tampouco sen dicir nada do suor ó come-lo cocido; nin do bó que está o salpicón de bonito, nin do ben que nos ríamos na verbena coas caralladas de fulano; nin sen saber qué orquesta toca nin falta que che fai; sen recordar que hai unha cousa que se chama reloxo e debera desaparecer polo ben da humanidade; sen querer recordar que na vida hai outras cousas chamadas levar as vacas a pacer, mirar das leiras,ir para o mar, madrugar para ir traballar, non esquecer que hai que estudar, nin mil cousas parellas .Porque Naseiro non ten horario nin futuro, son cinco días de presente, de esquecer a outra vida e de lecer profundo, alleos a iso que chaman vida, e nos que cada un sube as nubes do soños alleo a mundanas preocupacións. E que digan o que quieran, que falan o que lles dia a gaña, que me deixen ser feliz e non molesten.

Pero agora cómpre meneito.

Ninguén repara entón nun paxariño que nun niño, o seu xeito, tamén disfruta do Romaxe do Bó Xantar e quer bailar e canta unha letra que improvisa e axeita á canción:

"Como baila Carmiña,/ como se menea,
como baila isa nena /que da xenio vela.

Din que agora Naseiro/ é un gran botellón
xente nova e ledicia/ flor pra o corazón.

Como baila Carmiña...

Unha chea moi grande fai/ santo milagreiro
vai cantando o Landro/ a todo Viveiro

Como baila Carmiña...

Se do viño fixo/ iste gran tablón
gostevos ou non/ teño eu razón.

Como baila Carmiña...

Sei que macho e femia/ foron ao palleiro
e os nove meses/ chegou o carteiro

Como baila Carmiña...

E naquel paquete/ non chegou touciño
bromas do carallo/ traguía un neniño.

Como baila Carmiña...

Son cousas dos trasnos/ son cousas das meigas
Son cousas dos bichos/ que hai entre as pernas

Como se menea Carmiña...

E se ao ano siguinte/ tamén veu a nena
carabeis e rosas/ agarimen dela.

Como baila Carmiña..."

E así seguir trouleando ata mencer. E tanto da comer as seis da tarde, como dormir na tenda de campaña, como asearse onde cadre, como rir ata as cinco da mañá. Naseiro non ten horario nin crases sociais, nin tempo para discusións ou mal xenio. Non é territorio de cheiróns, agarrados, fachendosos e xentes sen humor. Alí hai que vivir sen mirar defeutos, disculpando erros, botando un cantarín, trouleando e rindo sen outro obxetivo que ser feliz facendo felices os máis. E isa é a maxia do Naseiro. Miserables, ruins, envidiosos, cativos de espiritu que non collan o autobús para visitalo porque non é o seu mundo.

Naseiro é unha mirada furtiva de quen te atrae; a ilusión con que montas a mesa, a bandeiriña que adorna o teu rincón, a luz dun botiquín que te amarra coma un faro ou as sireas os mariñeiros; unha maciñeira que decora ó natural e trocase en decorado para ser beleza da natureza; é un chuviscar ou chover bravo que tanto se vai como se queda; un día espléndido de sol invitado para que acougue e faga parada e fonda; unha mai anegada polos seus fregando, lavando, cociñando… sempre por amor; un toldo que che da sombra ou te garda do mal tempo... Naseiro é o apoteose final do vrau, das festas e ata... dos soños. Logo remata a película, a obra de teatro, o tempo de lecer... Porque, como dí Rosalía:
"¡Si, si! Dios fixo esta encantada terra
Para vivir e gozar;
pequeño paraíso, este é un remedo
do que perdeu Adán."


E o final remata:
"¡Ei, Galicia a que dorme soños de ánxel,
e chora ó despetar
bágoas que si consolan as penas
non curan os seus mals!"

E un ano máis Naseiro deitase no Partenón dos deuses queridos, para soñar con apreixoarnos outra vez o ano que ven. ¡E Tí, que o vexas, meu querido Naseiro!.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES