Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O difícil traballo de xulgar

lunes, 01 de septiembre de 2008
Un xuiz debe aplicar a Lei en conciencia, en base ás probas que lle presentan, informes preceptivos e demais documentación que corresponda. E a súa decisión quedará para sempre exposta á consideración dos afectados e do público en xeral.

Determinadas decisións, polas persoas afectadas, polo extraordinario dos casos, chaman poderosamente a atención porque non concordan -non teñen forzosamente por que concordar- co que desde fóra se estima como procedente en cada caso.

Recentemente chamou a atención unha decisión do xulgado de Vixiancia Penitenciaria da Coruña, dando permiso ó avogado Rodríguez Menéndez, que este aproveitou para fugarse atopándose na actualidade en ignorado paradeiro. Para a opinión pública, a conducta anterior deste recluso distaba bastante de ser a máis propicia para confiar na súa volta á prisión.

Un novo caso que afecta a este xulgado volve situalo no punto de vista da pública opinión. O dunha muller que non obtivo os mesmos beneficios de confianza que Rodríguez Menéndez, por estimarse que non estaba abondo enferma para obter o terceiro grado. Tiña corenta e catro anos e morreu o pasado xoves.

É difícil o traballo de xulgar. Porque nunca os dictámes serán axeitadamente entendidos polos que non coñecemos de Leis, non recibimos os textos completos das súas decisións, e sabendo das dificultades do traballo xulgador coidamos que un sexto -indeterminado- sentido debía colaborar a que non houbera tamaña diferencia entre a decisión do que xulga e o que o corazón e a cabeza nos di en casos que parecen tan claros.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES