Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Frescos dos Vilares, cinco séculos de Nós

martes, 11 de enero de 2022
Comenzamos o ano 2022 con unha boa nova, a sinaturas do convenio entre a Xunta e a Diócese para a restauración das pinturas murais do templo de San Vicente dos Vilares de Parga minha partida de 400.000€ que inclúe, ademáis da igrexa onde foi bautismado Díaz Castro, a Igrexa de San Salvador de Vilanova en Lourenzá. Os frescos Frescos dos Vilares, cinco séculos de Nósdos Vilares datan do século XVI e son da autoría dos mestres de Parga e Nogueira, foron descubertos en 1991 sendo párroco Segundo Pérez, e dos que realizou um exaustivo estudo o profesor Monterroso Montero no caderno de estudos mindonienses en 1992 destacando o grande valor deste conxunto pictórico. Dende hai seis anos a Asociación socio-cultural Lareira de soños ten alertado do perigo de desaparición dos frescos si non se acometían traballos de restauración dado o alto grado de deterioro. Levaron iniciativas ao Veledor do Pobo, ao Parlamento Galego, e mesmo Hispania Mostra incluíu as pinturas na lista vermella do patrimonio do estado. Reunións coas institucións, iniciativas poéticas, letreiros na igrexa, conferencias na UDC, reparto de trípticos e a elaboración dun spot, artigos e mesmo a redacción dun anteproxecto de restauración foron parte das accións da Lareira de soños para salvar estes frescos. Coa asociación, a restauradora Uxía Aguiar, a museóloga Sonia Engroba, o técnico audiovisual Antón Figueira, a artista Viki Rivadulla, a profesora da UDC Raquel Díaz Seijas, o párroco dos Vilares Oscar Santiago e feligreses do lugar foron fundamentais nesta labor.

Agora, os catro murais da nave central da igrexa , que representan paisaxes, a imposición da casulla de San Ildefonso (temática única en Galiza), o enterro co conde Orgaz e o Cristo Matamouros, constituen un conxunto pictórico único e de alta calidade artística segundo os expertos e serán rescatados para o disfrute de xeneracións futuras e o enriquecemento patrimonial da Terra Chá.

O traballo incansable da Asociación Lareira de soños deu os seus froitos. Hai moito patrimonio para salvar nas parroquia do país, que atesouran cecais a maior riqueza do románico europeia, Pero non cabe dúbida de que si non se loita por recuperalo, como se demonstra nos Vilares, moito deste patrimonio sigue a engordar as listaxes de deterioro e extinción.

A utilidade de entidades do rural que defendan o legado histórico, etnográfico e a memória é vital para o futuro das nosas aldeas, xa que non hai possibilidade de progreso sen o orgullo de onde vimos. A conservacion do noso pasado é o cimento do noso futuro.

Parabéns á Asociación socio-cultural Lareira de soños e a cantos colaboraram para acadar esta boa nova, que aumentará o atractivo artístico e cultural de Guitiriz e da Terra Chá e traerá novos visitantes aos Vilares. Con este reclamo, a futura recuperación da Casa de Díaz Castro (dio-lo queira), os cobertizos da Feira do Sete, a rehabilitación da Casa Habaneira da Conchada que cumpre un século o próximo ano, podem ser un exemplo de aposta polo rural e darlle unha nova vida apostando pola cultura, o turismo, o património e a natureza, e nos Vilares xa estamos neso. Feliz ano!!

Spot dos Frescos de Antón Figueira: https://youtu.be/_p2FZ6FqO38
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES