¡Feliz 2022!
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 13 de enero de 2022
¿Verdade que 2021 se nos presentou cheo de incertidumes?
Sempre é incerto o futuro.
Ninguén sabe o que vai pasar a partir do momento presente.
Realmente só temos o presente.
O pasado xa pasou.
O futuro aínda non chegou.
¡VIVAMOS INTENSAMENTE AQUÍ E AGORA!
SOAMENTE VIVINDO CON INTENSIDADE O PRESENTE, ESTAMOS CONSTRUÍNDO UN BO FUTURO.
- Os estudiantes constrúen o seu futuro entregándose ó estudio.
- As parellas de noivos construén o seu futuro: coñecéndose mutuamente e facendo plans con moitísima ilusión.
- Os adultos traballan arreo para o seu sostemento e para ter unha xubilación gozosa cando lles chegue a hora na súa ancianidade.
- A ancianidade procura levar unha vida o máis activa posible, según as súas posibilidades para aproveitar o tempo que lle queda e deixar un bo legado ós que veñen detrás.
A VIDA É UNHA LOITA CONSTANTE.
¿Cando foi fácil a vida?
A VIDA NON É DOADA; PERO É SAGRADA.
A vida hai que agarrala con tódalas nosas forzas, sen desfalecer.
Hai momentos nos que se nos presenta moi levadeira, outros moi gratificante, outros costa arriba.
A todos nos gustaría que vida fora moi levadeira; pero:
- CANDO A VIDA NOS RESULTA MOI LEVADEIRA non apreciamos o valor que ten, parécenos que é normal que así sexa.
- CANDO NOS É MOI GRATIFICANTE, saboreamos intensamente aquel momento; pero pasa voando.
- CANDO SE NOS FAI COSTA ARRIBA, perécenos que non imos resistir, que se nos cae o mundo encima, que todo vai acabar para nós...
PERO A REALIDADE DINOS QUE TODO PASA.
- Pasan o momentos de gloria.
- Pasan os momentos regulares
- E pasan os momentos duros.
A vida é unha sucesión de etapas.
Trátase de superar cada etapa e aprender a sacar proveito a cada unha delas.
Todo o que nos pasa é para facernos máis sensibles con nós mesmos e cos demais, é para aprender.
Todo pasa por algunha razón aínda que a primeira vista non o entendamos.
- Pasiño a pasiño, imos entendendo...
- Pasiño a pasiño, imos madurando...
- Pasiño a pasiño, imos comprendendo que esta vida é unha proba de paso.
TÓDOLOS SERES VIVOS IMOS DE PASO.
Todos nacemos, todos vivimos, todos morremos e todos imos de paso.
O momento, o lugar ou as circuntacias do noso nacemento así como as do noso pasamento nin as sabemos de anteman nin as podemos modificar unha vez que xa pasaron.
O QUE SI ESTÁ EN CERTA MEDIDA NA NOSA MAN É A MANEIRA DE ENFOCAR A VIDA DURANTE O TEMPO QUE SE NOS REGALA.
Un regalo que se nos fai para que a disfrutemos convivindo harmoniosamente cos nosos conxéneres.
Non se nos regala a vida para disfrutala encerrados en nós mesmos.
REGÁLASENOS PARA DISFRUTALA EN COMPAÑÍA.
Disfrutala en compañía leva consigo:
- FACER FELICES ÁS PERSOAS QUE NOS RODEAN.
- QUERELAS COMO NOS QUEREMOS A NÓS MESMOS.
- ALEGRARNOS CON ELAS.
- SUFRIR CON ELAS.
- ESTAR CON ELAS.
- DARLLES FELICIDADE.
- QUERELAS.
- RIR CON QUEN RI
- E CHORAR CON QUEN CHORA...
É o traballo de cada día.
O ano que estamos comezando traerá algo de todo.
Regálasenos para disfrutalo.
Disfrutalo:
-Arrimando o ombreiro para evitar problemas.
-Facendo cada un o que estea da súa parte para que nos resulte enriquecedor para todos.
Así será
Non cabe dúbida.
"NON CABE DÚBIDA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora