Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As eleccións, no seu tempo

viernes, 29 de agosto de 2008
Cando algo se desaxusta, a sabiduría popular galega asígnalle a cualidade de “non ser ben do seu tempo”, sendo válido para persoas pero tamén para acontecementos.

Todos temiamos que as próximas eleccións galegas ían ser antes do seu tempo, antes do remate da lexislatura. Por ese camiño leváronnos rumores e temores, comentarios e previsións, entendendo que a decisión sobre a próxima cita dos galegos coas urnas electorais se ía marcar de acordo con intereses políticos de partido e non de intereses xerais de Galicia.

O Presidente Touriño ven de falar para asegurar que se vai esgotar a lexislatura, e ven de medrar un palmo na consideración dos galegos. Porque pode supoñerse que a crise que se sofre e que se intúe vai arreciar xogará en contra do partido que ten a máxima responsabilidade de goberno, pero aínda así decide agardar a que as eleccións estean en sazón para votar de novo en Galicia.

O tempo das eleccións, pois, vai ser ben entrado o ano dous mil nove. Mentras tanto, a traballar. Pouco máis hai que dicir, aparte de considerar que é unha decisión ben tomada.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES