Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Realidades nas festas

lunes, 10 de enero de 2022
Realidades nas festas O venres pasado, día 7, pódese dicir que empezou a volta á normalidade, á rutina. Pero precisamente é hoxe, luns 10, cando a rutina se fai dona e señora da nosa sociedade, polo menos da galega, coa volta ó colexio. E alá foron unhas datas, unhas festas que, por segundo ano consecutivo, seguiron a ser bastante raras. Este ano mellor có anterior, pero aínda así... Esta pandemia estanos amolando a existencia, ou sexa, a normalidade. E creo que para a maioría dos mortais, non hai como a normalidade.

Sobre a propia festa de Reis, ou mellor dito, sobre os agasallos dos Reis (porque eu creo que este día só é para iso) xa teño opinado outros anos, polo que non procede repetirse. Só unha advertencia que nunca dixen: que agora mesmo os adultos se agasallen entre si, pero eu sempre fun da opinión que os Reis é tan só para os nenos, só unha festa infantil. O que pasa é que a certas empresas interésalles moito que o consumismo abarque canto máis días mellor. Mentres eu viva, para min, os Reis non eran o día 6 (certo que a opinión vese moi influída pola falta de agasallos, todo hai que dicilo), senón que eran o día 5 pola noite; no momento aquel no que unha tropiña de nenos nos dedicabamos a cantar os vilancicos, as panxoliñas. Que tampouco lles chamabamos así; simplemente era "cantar os Reis". Esa era a gran festa das aldeas. As cabalgadas aparecerían moitos anos máis tarde.

Realidades nas festasPero nin esas datas, nin esas festas extraordinarias foron quen de que nos evadiramos da realidade da vida. A realidade da vida, por veces, é fodida. E se non que llo pregunten a ese mar Mediterráneo ou a ese océano Atlántico que viron como en todo o 2021 morreron afogados máis de 4.400 inmigrantes, cando viaxaban nas pobres pateras intentando atopar o paraíso. Ese paraíso que nin tan sequera o cheiraron, xa que, ó pouco de saír, e saian de onde saian, xa se meteron, xa se introduciron no propio inferno.

Outra realidade case esperpéntica: que algúns piden cárcere para un home porque golpeou o coche do noso presidente do Goberno, de Pedro Sánchez; e con tantos ladróns (políticos) e asasinos que andan ás súas anchas polo noso país... Outra realidade brutal: para impoñerse, non hai coma o terror. O presidente de Kazajistán sábeo, e por iso da a orde de disparar contra calquera que se manifeste no seu país. Non vaia ser que se lle suban ás barbas. O ano novo non sempre trae saúde, paz, amor e prosperidade. E os Reis Magos deixan moito carbón que cheira a queimado.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES