Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Devoción popular no Santuario da Virxe da Saúde de Frameán, Monterroso (8)

miércoles, 12 de enero de 2022
A DIMENSIÓN PROFANA DO SANTUARIO.
A festividade relixiosa, adicada á Virxe da Saúde, ten o seu complemento nunha vertente profana na que podemos distinguir tres aspectos:
1º. A actividade dinámica dos "fogueteiros".
A véspera da festa, a xente nova, e, ás veces, non tanto, da comunidade de Frameán adícanse toda a noite e madrugada a tirar foguetes, impedindo deste xeito que os veciños poidan dormir. ¡ Estamos en festa!
2º. O xantar cos invitados que serve para consolidar as relacións comunitarias.
3º. Os bailes que se celebran denantes do xantar e á noite.

ALGUNHAS INTERPRETACIÓNS SOBRE A FESTIVIDADE DA VIRXE DA SÁUDE DE FRAMEÁN.
Devoción popular no Santuario da Virxe da Saúde de Frameán, Monterroso (8)No Santuario da "Virxe da Saúde" de Frameán os devotos levan a cabo unha serie de promesas, que están ligadas coa liturxia oficial: Misas, procesión e esmola en metálico; e outras, que están relacionadas coa piedade popular: Os relevos das andas na procesión, as "poxas das andas e cintas", o paso baixo as andas, e o colocar diñeiro no manto da Virxe da Saúde.

Isto posibilita que a devoción popular sexa a manifestación da emotividade persoal e se manifeste como a proiección daqueles fieis que están en contacto coa plástica simbólica, en contraposición aos que se centran no abstracto. "Los fundamentos teológicos de un sistema religioso resultan bastante complejos para la gente comun, a causa del lenguaje conceptual en que están formulados" (1).

Ademais, os devotos nas súas relacións coa sacralidade adoptan, as máis das veces, unha postura pragmática de tal xeito que a petición dunha serie de rogativas, como sandación de doenzas, protección da facenda familiar, encomendación polos recen nados etc., sexa sendo unha custión básica da devoción popular.

Por outra banda, o santuario aquí descrito non só manifesta a vivencia da identidade da comunidade parroquial, na que se localiza, senón tamén o sentido de apertura que lle dá a gran devoción que sinten outras comunidades pola súa imaxe.

E isto foi e segue a ser debido á aparición e sucesión de milagres ao longo da historia Devoción popular no Santuario da Virxe da Saúde de Frameán, Monterroso (8)do santuario. O milagro, segundo Ángela Múñoz, pode chegar a ser a concreción positiva dun acto de fe polo que se vincula o beneficiario dunha gracia cunha imaxe de devoción (2).

Ademais, a dimensión sacra transmítese ao exterior, dun xeito directo, por medio da procesión, Así, a imaxe, que sae na mesma, santifica o espacio que percorre proporcionando unha enerxía positiva a tódolos seres, que se encontran no mesmo. Respecto á disposición da procesión Álvarez Gastón distingue unha serie de trazos (3): trátase de manifestacións máis multitudinarias non só polos participantes activos senón tamen polos numerosos espectadores. No interior da comunidade local é algo que chega vitalmente aos fregueses. Ademais, neste ritual é mester reparar na imaxe, no xeito de levala, nos fieis que toman parte e no que mira, así como no espírito da celebración reflectado nos rezos, e mesmo no silencio.

Finalmente, a desagrarización desta comunidade, fenómeno que podemos transpolar a case toda Galicia, vai levando paseniño ao abandono dunha relixiosidade ligada a un tipo concreto de sociedade. Mais, sempre seguiran existindo pervivencias desta relixiosidade dende o intre en que as doenzas coas que se acode aos santuarios teñen un carácter xeral, e, ademais, a tecnoloxía médica aínda non é capaz de solucionar todolos males.

NOTAS:
1. BASURKO, Xavier: "Los santuarios hoy: claves de interpretación teológica-pastoral", en Santuarios del P. Vasco y Religiosidad popular. II Semana de Estudios de Hª Eclesiástica del País Vasco. Vitoria, 1982, páx. 307.
2. MÚÑOZ FERNÁNDEZ, Ángela: "El milagro como testimonio histórico. Propuesta de una metodología para el estudio de la religiosidad popular", en La Religiosidad Popular. I. Antropología e Historia, Anthropos, Barcelona, 1989, páxs. 164-186.
3. ÁLVAREZ GASTÓN, Rosendo: La religiosidad popular, Madrid: Biblioteca de Autores Cristianos, 1981, páx. 7.

AGRADECEMENTOS:
Na realización deste traballo teño que darlle as gracias as seguintes persoas:
A Blanca María Pacín Somoza, quen me informou da existencia deste santuario e das promesas que alí se levaban a cabo.
Tamén a Pablo Gómez Regueira, ramista algúns anos das festas de Frameán, e asiduo colaborador de certos rituais, que se levan a cabo neste santuario, como “os relevos das andas” e a “poxa das andas e cintas”. Este veciño deume unha información detallada de múltiples aspectos ligados a este recinto sagrado.
Finalmente a José Cancio Fernández pola elaboración do mapa de localización.

SUXESTIÓNS BIBLIOGRÁFICAS:
ÂLVAREZ GASTÓN, Rosendo. La religión del pueblo. Defensa de sus valores. B.A.C, Madrid, 1976, páx. 36.
ÁLVAREZ GASTÓN, Rosendo: La religiosidad popular, Madrid: Biblioteca de Autores Cristianos, 1981, páx. 7.
BASURKO, Xavier: "Los santuarios hoy: claves de interpretación teológica-pastoral", en Santuarios del P. Vasco y Religiosidad popular. II Semana de Estudios de Hª Eclesiástica del País Vasco. Vitoria, 1982, páx. 307.
BLANCO PRADO, J.M: Religiosidad popular en el municipio de Begonte, Lugo: Deputación provincial, 1991, páx.70.
BLANCO PRADO, J.M: Exvotos e rituais nos Santuarios lucenses. Lugo: Deputación Provincial, 1996, páx. 13.
BLANCO PRADO, J.M. e PERNAS BERMÚDEZ, Carmen: "I. Introducción: As romarías e o seu significado" (Os santuarios do concello de A Pastoriza (Lugo), en Rev. Croa. Asociación Amigos do Castro de Viladonga. Castro de Rei .Lugo. Referencia de: Carme Pernas Bermúdez, páx.71.
D. BOROBIO. Religiosidad popular en la renovación litúrgica; criterios para una valoración, Phase 89, Barcelona, 1975, páx. 347.
FERNÁNDEZ DE ROTA, J.A: Antropología de un viejo paisaje gallego. Centro de Investigaciones Sociológicas. Madrid: Ed. S. XXI, 1984, pax. 259.
GONDAR PORTASANY, Marcial: "Racionalidade campesina y Relativismo cultural", en Antropología y Racionalidad. Ed. Sálvora, Santiago, 1980, páx. 60.
GONDAR PORTASANY, Marcial: Crítica da razón galega. Entre o nós-mesmos e nós-outros. Nós os galegos. Vigo, 1993, páx. 153.
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M: Guía de festas populares de Galicia, Vigo: Galaxia, 1997.
LISÓN TOLOSANA, Carmelo: Invitación a la Antropología cultural de España. Madrid: Akal, 1980, páx. 93.
MALDONADO, Luís: "Los Santuarios en la religiosidad popular", en Santuarios del P. Vasco y Religiosidad popular. II Semana de Estudios de Hª Eclesiástica del P.Vasco, Vitoria, 1982, páx. 70.
MARIÑO FERRO, X.R.: Las Romerías / Peregrinaciones y sus símbolos. Vigo: Ed. Xerais, 1987, páx. 277.
MOREIRAS SANTISO, Xosé: "A relixiosidade popular no sector rural", en Rev. Encrucillada, nº 9, ed. Sept, Vigo, 1978, páx. 64.
MÚÑOZ FERNÁNDEZ, Ángela: "El milagro como testimonio histórico. Propuesta de una metodología para el estudio de la religiosidad popular", en La Religiosidad Popular. I. Antropología e Historia, Anthropos, Barcelona, 1989, páxs. 164-186.
PRAT I CAROS, Joan: "Los Santuarios Marianos en Cataluña: una aproximación desde la etnografía", en La Religiosidad popular, III. Hermandades, Romerías, Santuarios. Anthropos, Barcelona, 1989, páx. 227.
RIELO CARBALLO, Nicanor: "Frameán. Monterroso", en Inventario Artístico de Lugo y su provincia. T.III. Ministerio de Cultura, Madrid, 1980, páxs. 136-138.
ROMÁN DÍAZ, Berta: "Monterroso", en Galicia, pueblo a pueblo, La Voz de Galicia, 1993, páx. 805.
TOSCHI, P. "Guida allo studio delle tradizioni popolari". Serie di Antropología, etnología e religione, 5ª ed, Boringheri, Torino, 1974, páx. 24.
WILLIAM A. CHRISTIAN, Jr: "De los santos a María: panorama de las devociones a santuarios españoles desde el principio de la Edad Media hasta nuestros días", en Temas de Antropología española, Madrid: Akal, 1976.
WILLIAM A.CHRISTIAN, Jr: Religiosidad popular. Estudio antropológico en un valle español. Madrid, Tecnos, 1978, páx. 134.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES