Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 11 de enero de 2022
Contra un escaparate

O que non me pase a min, non lle pasa a ninguén. Camiño do café, e como quen non quere a cousa, déuseme por tirarme contra o cristal dun escaparate. A culpa foi do reflexo; que vin un estafermo diante e pensei que escapara dunha película desas baratas. Tiña tal cara de asasino confeso que, coa miña acción, pensaba que sería o Pingas de Orballo heroe destas festas ou destas datas. Uns centímetros antes de pegar contra o cristal caín na conta de que tal estafermo era eu. Pero xa non había volta atrás. Tampouco me importou moito, pois nese lapso de tempo que vai no percorrido deses centímetros que faltaban ata o golpe fatal, tiven tempo de pensar naquela vez que me preguntaran se me espiñaba, se me picaba, en clara referencia a se me drogaba. Díxenlles que non, que eu tan só me tiraba ós toxos.
Hoxe tireime ó escaparate. O estrondo foi tal que máis dun viandante pensou que algunha bomba acababa de rebentar o mundo. O que rebentou si foi o cristal. Non obstante, eu erguín do chan como se nada, e seguín o meu camiño. A xente mirábame asustada porque algo húmido corría pola miña cara. Si, era o sangue das feridas. Pero como se nada. Cando me preguntaban dicíalles aquilo dos toxos, de que me acababa de tirar ós toxos. Algúns actuamos segundo as circunstancias, ou como nos pete. Hoxe déuseme por tirarme contra un escaparate, e punto. Outras veces prefiro cantarlle unha nana á lúa, ou navegar coa Perla Negra polo arco da vella, ou rezarlle un responso ós piñeiros do monte dos Castros. E que...

Polo ben do meu veciño

Efraín Estrulla López, O Bicho, non tiña avogado para a súa defensa e como era veciño non quixen deixalo na estacada. Así é que preparei a carreira de Dereito en tan só tres meses. Fíxeno por onlain (sabedes da miña aberración polos anglicismos), desde as oito da mañá ata as dúas da noite. Todos os días, domingos e festas de Pingas de Orballo gardar. De dúas a catro da madrugada eran as miñas horas sagradas para ver películas, principalmente de xuízos, e así poder coller experiencia. Tan axiña como me vin capaz fixen de avogado defensor do meu veciño. Efraín Estrulla, O Bicho, estaba acusado de 10 asasinatos, catro deles ante testemuñas directas. O asunto pintaba, máis que negro, escuro de todo. Pero non recuei.
O xuízo foi rápido. A Efraín declarárono culpable e condenárono a tantos anos por cada asasinato que nin el sairía vivo do cárcere, nin eu viviría para, nun caso hipotético, velo saír. Desde ese momento, e como me remoía un chisco a conciencia, porque eu ben sabía que a miña defensa fora como fora, dúas ou tres veces á semana escribíalle sempre cartas, unhas cartas longas para animalo. Incluso lle confesei que estaba a facer un cursiño de pilotaxe de helicópteros (tamén por onlain) por se algún día quería fuxir do Pereiro. Malo será que estean aí á espreita, ó axexo pendentes do ceo. Xa eu intentarei construír un mecanismo para silenciar a rotación das aspas do aparato. Que todo sexa polo ben do meu veciño, aínda que, o condenado, cometese eses asasinatos. A veciñanza, para min, sempre foi unha institución sagrada.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES