Un canón de argumentos para cada canon
Santalla, Iago - miércoles, 12 de enero de 2022
Vivindo nun país plenamente democrático cabe preguntarse a nivel social: cantas ditaduras do "politicamente correcto", do "culturalmente correcto", do "dialecticamente correcto" e sobre todo do "esteticamente correcto" estamos dispostas e dispostos a tragar? A Constitución recoñécenos como cidadanía pero o estado e o sector privado trátanos como rabaño e nós deixámonos...
A ditadura da beleza está xerando capitais a costa de vidas. É moi doado: primeiro créase un canon inalcanzable, despois promóvese a posibilidade de mellorar e xa temos montado o lío, para unha parte é un negocio para a outra a superación dun complexo creado e, por suposto, moi ben alimentado...
Contra o canon hai un canón de argumentos: cultivar o amor propio, normalizar a beleza (que non precisa de coroas), procurar que cada persoa se encontre consigo mesma, vernos máis por dentro e menos por fora, converter cada milímetro do noso corpo en identidade. Amarnos para amar, amarnos para amar, amarnos para amar, amarnos para amar, amarnos para amar.
Por certo, se algunha persoa se sente ferida por este canón, permítame unha suxestión: revise o seu código deontolóxico.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora