Administrando imposibles
Editorial - jueves, 28 de agosto de 2008
As Administracións, atópanse ás veces con imposibles derivados dunha mala administración. E hai que buscar solucións a temas que non parecen telo.
De pequenos, téñennos repetido ata o infinito que "Deus non pide imposibles". Sen embargo, os homes parece que si.
O tema deriva da presunta mala cabeza dalgunhas administracíóns e algúns administradores que toman decisións por riba ou polo lado da Lei. E moitos anos despois aprécianse as consecuencias.
Unha sentencia ven de declarar ilegal a chamada "Colina de Castrelos" en Vigo, autorizada polo Concello vigués. É o último paso legal dun tema que xa en 2006 recibiu sentencia de derrubamento por parte do Tribunal Superior de Xustiza.
Unha licencia mal dada é responsabilidade dos políticos que a conceden e dos técnicos que non fan advertencia de ilegalidade. E o concello vigués téno difícil porque cumprir a setencia pode suporlle un custo superior ós trinta millóns de euros, imposible de afrontar pola administración local de Vigo. Mesmo o equipo gobernante ten difícil pronunciarse sobre o tema xa que cando a licencia se concedeu gobernaba o Compañeiro Soto, da súa mesma cor política.
En fin, que aí esta un bo problema para o concello vigués, chamado a administrar un dos máis importantes imposibles que se producíu en Galicia nos últimos tempos.
Se a política é a arte de dar solución ás dificultades, bo traballo ten o concello vigués.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora