Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

In memoriam, Víctor Corral

jueves, 06 de enero de 2022
14 de novembro do 2021.

Onte fun ao Gustavo Freire, o nadal está aí e representouse a obra "O nadal na casa dos Lamelo".

A dichosa pandemia non nos deixa desfrutar da vida como queremos, nin por suposto do nadal.

O nadal é para moitos unha data de tristura e melancolía, pero esta comedia de final quizabes un chico dramático fai que un se plantexe moitas cousas, digamos que o transcurso dun pola vida terreal.

(o sono fixo que a melodia de Windows soase e pechei o ordenador aquí, pensando en escribir sobre o sentido de nadal, pero un feito triste e inesperado, fixo que, o que iba a ser o tema do relato, mudase por completo).

Hoxe é día 15 de novembro e á noitiña entereime do falecimento de Victor Corral.

Como begontesa de pro, síntome na obriga de adicarlle unhas verbas.

O primeiro que me vén á cabeza é a presentación do vídeo sobre Begonte "Xa respiro doutro xeito" onde por suposto participaba. Chegou acompañado da súa neta Miriam…ou era Noemí?? (non sei se as darei distinguido algún día). Traía o cabelo trenzado, seguramente esa "restra", que así lle chamaba a miña avoa, foi feita por unha delas: unha das maneiras máis bonitas de demostrar amor a unha persoa é para min, acicalarlle o cabelo e máis ainda cando é unha persoa de idade avanzada. Un amor mutuo que el manifestou en moitas ocasións polas súas cinco mulleres.

Foi Corral amante de Deus, da família, da natureza, de Galicia... o cal nos queda reflexado na súa obra: a virxe tallada no castiñeiro situado a carón da igrexa de Baamonde, o pombal feito con pedras de todo o mundo, a muller labrega sita a carón do centro médico de Begonte... pero non é so a obra material; deixa un legado non tanxible que seguro é o que os begonteses e begontesas máis valoramos e recordaremos de Victor: a humanidade e a paz que transmitia cando alguén se achegaba a falar con el.

Vémonos privad@s agora desas conversas, pero de seguro, a súa obra dará para moitas, cando lles falemos ás vindeiras xeracións dun home que facía "maxia" coas mans e convertía algo inerte en algo con máis vida que a que a todos nós nos poida quedar na terra.

Seguramente, na próxima clausura do belén de Begonte neste xaneiro do 2022, as pombas que se entreguen aos premiados nos distintos certames, serán esas pombas que Victor empezou a facer de neno coa masa que lle pedía á súa nai cando esta cocía no pan.

Que a Virxe que tanto modelou nas súas mans, sea quen o acolla nas súas e acubille ao fillo predilecto de Begonte para que dende aí enriba siga modelando, para os que polo momento, quedamos embaixo.
Valle, Kenia
Valle, Kenia


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES