Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Devoción popular no Santuario da Virxe da Saúde de Frameán, Monterroso (7)

miércoles, 05 de enero de 2022
5. A "Poxa" das andas e das cintas
Ao rematar a procesión un ramista (1) leva a cabo no adro da igrexa "a poxa das andas e cintas" para o ano seguinte. Este adoita poñer case sempre un prezo de saída tanto ás andas como ás cintas, a partir do cal os devotos, que participan na "poxa", van ofrecendo distintas cantidades polos productos ata que ninguén ofrece máis, obtendo os productos de "poxa" as persoas que fixeron a última oferta.
Devoción popular no Santuario da Virxe da Saúde de Frameán, Monterroso (7)
No ano 2007 a "poxa" foi realizada por Xosé Antonio Regueira, quedando do seguinte xeito:

1. CINTAS
1.1. C.A.D. (CINTA ANTERIOR DEREITA): 50€
1.2. C.A.E. (CINTA ANTERIOR ESQUERDA): 50€
1.3. C.P.D. (CINTA POSTERIOR DEREITA): 60€
1.4. C.P.E. (CINTA POSTERIOR ESQUERDA): 70€

2. ANDAS
2.1. A.A.D. (ANDA ANTERIOR DEREITA): 110€
2.2. A.A.E. (ANDA ANTERIOR ESQUERDA): 110€
2.3. A.P.D (ANDA POSTERIOR DEREITA): 115€
2.4. A.P.E. (ANDA POSTERIOR ESQUERDA): 115€

Ao ano seguinte, 2008, "as poxas" das andas e cintas son realizadas por Xurxo Vázquez Besteiro, e resultan da seguinte maneira:

1. ANDAS.
1.1. A.A.D. (ANDA ANTERIOR DEREIRA).
DINÁMICA DA "POXA": 80, 90, 95€
Conseguiuna PEPE DE ARIAS.

1.2. A.A.E. (ANDA ANTERIOR ESQUERDA).
DINÁMICA DA "POXA": 60, 80, 85, 90, 100€
Acadouna MIGUEL CALVIÑO.

1.3. A.P.D. (ANDA POSTERIOR DEREITA).
DINÁMICA DA "POXA": 60, 100, 105, 110€
Logrouna CARME FERNÁNDEZ.

1.4. A.P.E. (ANDA POSTERIOR ESQUERDA).
DINÁMICA DA "POXA": 60, 100, 105, 110, 115€
Acadouna MARÍA XOSÉ VÁZQUEZ.

2. CINTAS.
2.1. C.A.D. (CINTA ANTERIOR DEREITA).
DINÁMICA DA "POXA": 60, 70, 80, 85, 90, 100€
Levouna: EMILIO GARCÍA.

2.2. C.A.E. (CINTA ANTERIOR ESQUERDA).
DINÁMICA DA "POXA": 60, 70, 90, 95, 100€
Conseguiuna: XESÚS VÁZQUEZ.

2.3. C.P.D. (CINTA POSTERIOR DEREITA).
DINÁMICA DA "POXA": 60,70,75,90, 95, 100€
Acadouna: XESÚS VÁZQUEZ.

2.4. C.P.E. (CINTA POSTERIOR ESQUERDA).
DINÁMICA DA "POXA": 60, 80, 85€
Conseguiuna. EMILIO GARCÍA.

6. INGRESOS DAS "POXAS" E DOS "RELEVOS" NOS ANOS 2009-2010.
ANO 2009
RELEVOS DE ANDAS
SABADO. PRIMEIRO DIA DA FESTA: 80€
DOMINGO. SEGUNDO E ÚLTIMO DÍA DA FESTA: 193€

POXAS DE ANDAS E CINTAS
O producto da "poxa" das andas e cintas (2) foi de 935 €

ANO 2010
O producto da "poxa" das andas e cirios foi de 1690 Euros, que representa unha subida importante con respecto aos tres últimos anos. A razón especifica deste feito radica no aumento de doenzas en varias familias do contorno (3).

2.4.2. OFRENDAS Á VIRXE DA SAÚDE
Dende sempre os devotos desta advocación mariana levan a cabo unha serie de dons reflectidos do seguinte xeito:

1. Os cartos que os devotos penduran do manto da imaxe mariana.
Sábado: 150€
Ano 2010.
Domingo: 600€

2. O diñeiro que os fieis entregan ao sancristán no transcurso das diferentes misas, que se ofician no santuario (4).

3. Os cartos acadados dos "relevos" das andas, e da "poxa" das andas e cintas realizadas o ano anterior (5).

4. Os diferentes enfeites e roupa doada á Virxe ao longo dos anos. Entre algúns deles fago referencia aos seguintes:

4.1. Un manto bordado en ouro puro, ofrecido por un emigrante na Argentina hai uns trinta anos.
4.2. Un manto en azul alba, bordado en prata, e un vestido de prata, doados por un fregués da parroquia hai uns vintesete anos.
4.3. Unha coroa de ouro macizo.
4.4. Un manto policromado de cor verde, bordado en ouro macizo.
4.5. Diferentes variedades de xoias.

5. Antano habia moita ofrenda en especie, a base de carne de cocho, galiñas, polos, ovos, cereais... Ao rematar os oficios religiosos o sancristán poñíase enriba do muro, que circunda o recinto sagrado, e poxaba este tipo de ofrenda. O seu importe empregábase para sufragar algúns gastos ligados có culto do santuario e coa festa parroquial (6). Á "poxa" acodían bastantes devotos, que mostraban intérese por mercar algún producto en contacto coa imaxe sagrada do santuario. "En muchos de los santuarios estas ofrendas en especie se venden en subasta pública...; los devotos muestran gran interés en comprarlas porque su contacto con los santos las ha convertido en reliquias" (7).

NOTAS:
1. Trátase dun dos organizadores da festa, tamén chamado "funcionalista".
2. A "poxa" das andas e cintas lévase a cabo no intre actual o segundo día da festa que cae en domingo.
3. Informante: Pablo.
4. Logo da comunión o sancristán vai pasando "o caixón da esmola" por toda a igrexa, e ao mesmo tempo vai dicindo: "Devotos da Virxe da Saúde".
5. Ver o apartado anterior que fai mención dos relevos e poxas das andas e cintas.
6. A ofrenda en especie mantívose ata comezos da década dos sesenta do século pasado.
7. MARIÑO FERRO, X.R.: Las Romerías / Peregrinaciones y sus símbolos. Vigo: Ed. Xerais, 1987, páx. 277.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES