Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contamos con vós

jueves, 06 de enero de 2022
Aló quedou a ano vello e tamén o ano novo, pero aínda reina a ledicia nos fogares porque hoxe celebramos que os Reis Magos de Oriente foron visitar ó Neno Xesús para ofrecerlle regalos que simbolizan os atributos do recén nacido.

Tal día como hoxe, tamén se reciben e se fan regalos de todo tipo; pero seguramente que non todos fan referencia ó Neno Deus.

Estamos vivindo no medio dun mundo bastante materializado.

Temos máis cousas que nunca e estamos máis insatisfeitos que nunca porque pretendemos saciar a nosa alma con cousas que hoxe son e mañá non son.

Non cabe dúbida que os regalos gústanos a todos.
Hai moita alegría en regalar e tamén en que nos regalen.

PERO, ademais dos regalos, PRECISAMOS ALGO MÁIS DURADEIRO, ALGO MÁIS TRANSCENDENTE:

-Precisamos o cariño e a comprensiós das persoas coas que convivimos cada día.

-Precisamos respectar e que nos respecten a nós e ás nosas propiedades.

-Precisamos que nos valoren.

-Precisamos sentirnos acompañados

-Precisamos amigos leais.

-Precisamos vivir en harmonía cos que nos toca convivir e tamén co resto do mundo…

Eso mesmo que precisamos é o que moitas familias practican no día a dia e ademais incúlcanllelo ás criaturas dentro do seo familiar.
Porque:
-Aínda quedan moitas familias nas que reina o amor e o cariño no que medran os seus retoños.

-Aínda quedan moitas familais que respectan as normas e tamén a intimidade das persoas así como as súas pertenzas.

-Aínda quedan moitas familias que valoran os progresos dos membros da familia e aproveitan tódalas ocasións para felicitrse e sentirse orgullosas.

-Aínda quedan moitas familias que acompañan tanto nos momentos duros como nos maduros.

-Aínda quedan amigos leais. Son aquelas amistades de toda a vida que perduran co paso do tempo aínda que os avatares da vida as leve por diferentes camiños.

-Aínda quedan moitas persoas que velan pola harmonía dentro da familia, cos compañeiros de traballo, dentro da veciñanza, dentro do círculo de amistades e na sociedade en xeral.

-Aínda quedan moitas persoas de ben.

Estas persoas son os piares fundamentais nos que descansa a convivencia, a harmonía, o benestar e o progreso do mundo.

Con esas persoas é coas que se pode contar para recuperar certos valores que están caendo en desuso.
Esas son as persoas que precisa a sociedade actual.
Son as persoas que teñen moito peso na sociedade.

SON PERSOAS COHERENTES COS SEUS PRINCIPIOS PORQUE ESTÁN SEGURAS DA SÚA EFICACIA PARA A HUMANIDADE.

Grazas a esas persoas, somos moitos os que confiamos nun futuro prometedor, nun ano que acabamos de empezar no que se producirán grandes avances.
Confiamos que en 2022:
-Vaian chegando as vacinas a aqueles países que aínda non as teñen.

-Vaia mellorando a economía, para que moitas familias poidan refacer as súas vidas.

-O volcán da Palma deixe respirar paz e progreso a tantas familais dannificadas.

-Se vaian recuperando certos valores que nunca deberán esquecerse.

-Deixe de haber criaturas en risco de pobreza.

-Todo vaia mellor.

¡FELIZ 2022!

Este será o título do seguinte artigo.
Moitasgrazas portermenasúa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES