Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranza dun centenario: As Muliñas (1)

jueves, 06 de enero de 2022
Cando dicimos cunha árbore é centenaria, chámanos a atención que a man depredadora do home co seu machado sanguento, que foi enarborado ao longo dos séculos, unicamente para o seu proveito, non a abatira tamén, mais cando falamos dunha persoa que posuíndo xa o eido do centenarismo esté aínda viva e teña a mente tan ben posta como as ramas desas árbores que se foron espallando e acadando as sabedorías das choivas e das primaveras ao longo dos anos xeados de nostalxia e quentes de agarimos, aínda nos estraña máis; pois ben, isto que agora escribo esta reflectido por unha mente marabillosa que é quen de darnos lecións do moito que a súa sapiencia se pode aproveitar, non polos amantes da xuventude senón pola sabedoría da idade cando se pon a lembrar.

Hoxe, recórdanos que en Galiza as mulas están a desaparecer porque son fillas de eguas e burros grandes, que non é o mesmo que grandes burros, sendo esa a razón pola que non poden ter fillos.

As muliñas nacían nos derradeiros días de febreiro e chegando incluso aos primeiros días de abril; xa desde o día do seu nacemento, a muliña mamaba sempre na súa mai ata que se vendía, pero cando tiña dous ou tres meses, a fonte do leite materno non chegaba e entón había que axudala a manter. Para isto, moíase millo no muíño, e logo a fariña amasábase en auga e esa masa metíase en viño ou en leite de vaca para que a muliña o comera mellor.

Como se lle daba? Collíase a muliña por riba da súa cabeza coa man esquerda e logo agarrábaselle o queixelo de baixo e abríaselle a boca coa man dereita e metíanselle boliños da masa desa fariña mollada en viño ou leite e facíaselle tragar; para ben ser, a operación repetíase tres veces ao día, e se non había tempo, á mañá e á noite.

Aínda me quedaron os sinais neste meu dedo índice, froito delator da miña imperiosa vontade de darlle así a fariña de millo para a súa mantenza.

Pouco a pouco, entre a nimiedade do leite da súa mai e a nosa habelencia en criala, aló polo outono facíase unha boa mula, xusto o tempo para a súa venda e cos moitos cartiños deixaba axudaba aos labregos no seu vivir da cotidianeidade e da autosuficiencia. As mulas eran moi apreciadas para o tiro por iso case que todas ían para Castela e para o sur de España nunhas datas moi precisas, sempre entre o cinco e dezaoito de outono. Como podemos observar, os galegos non somente eramos man de obra barata no verán cando íamos ás segas a Castela, senón que tamén os forneciamos de animais de tiro para as súas labores agricolas.

Antonio Muinelo e Xosé Otero Canto
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES