Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Radiografía do futuro

viernes, 07 de enero de 2022
Non é tarefa da Filosofía predicir o futuro e, con todo, non foron poucos os filósofos que defenderon que comprender axeitadamente o presente permite anticipar o porvir. Eu engadiría a este argumento historicista outro vitalista que ten que ver coa nosa actitude para encarar o futuro: non se trata tanto de saber que nos deparará o porvir senón que queremos que pase e que poñemos da nosa parte para que as cousas sucedan.

Pois o futuro non está escrito, senón que depende en boa parte de nós. Por iso, a actitude que adoptemos diante do futuro acabará condicionado, en maior ou menor medida, o devir dos acontecementos. A persoa resignada será indolente ao dar por feito que todo seguirá igual; para o pesimista nada do que fagamos impedirá que as cousas vaian a peor; só o optimista actúa pensando que o futuro será mellor.

Se cadra, a actitude máis sabia agóchase no termo medio: aceptar os reveses do mañá mentres axexamos as oportunidades que poidan xurdir aquí ou acolá. Non hai que claudicar cando as cousas van mal e supoñer que nada bo chegará vendo a realidade que vivimos. En todas as épocas houbo crises que son o motor da historia. Trátase tan só de saber analizar o que nos pasa para poder aprender e deixar atrás as adversidades. Por iso a educación é sempre a mellor maneira de preparar o futuro.

A vida, escribiu Ortega y Gasset, "non é unha suma do que fomos, senón do que anhelamos ser". Así pois, é imprescindible perseguir sempre novos soños e, mentres sigamos vivos, acometer novos proxectos. Paga a pena facelo pois o futuro é a morada onde pasaremos o que nos queda de vida.
Agís Villaverde, Marcelino
Agís Villaverde, Marcelino


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES