Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Avanzando cara ó futuro

lunes, 03 de enero de 2022
Avanzando cara  futuro Comentaba a semana pasada que estas datas, estas festas de Nadal sacaban o mellor do ser humano a base de boas palabras e mellores desexos. Que moitos beléns, que moitas árbores nos balcóns, que moitas luces, que moitas estrelas, que moito espírito de Nadal, pero eu creo que moito diso é para a galería. Xa que nestas mesmas datas, 188 falecidos nas costas de Libia cando intentaban chegar a Europa. Os talibáns vétanlle ás afgás viaxar sen a compaña dun parente varón. E así tantos casos espallados polo mundo que demostran que a bondade das persoas está só nas palabras, pero non nos feitos.

Tamén é verdade que lembrar os demos que levamos dentro cando empeza un novo ano cheo de esperanza e ilusión, case non procede. Eu non quero que proceda, pero, repito, os feitos son os que mandan, os que están á orde do día. Non sei quen me dixo o outro día, nun deses típicos desexos para o ano novo, que seguro que non sería peor que o que pasou, o 2021.

Eu, e mirade que sempre puxen un peito optimista cara o futuro de calquera cousa, por esta vez dubidei e incluso lle dixen que... que moito coidadiño, que oxalá que o 2022 non fora peor, pero os datos que nos chegan desta pandemia que vai xa para dous anos non é como para botar as campás a voar. E só lle comentei o da pandemia, pero a ver como queda o noso país con esta luz que, en vez de alumearnos, estanos xa abrasando. Ou a ver que dicimos coa famosa costa de xaneiro. Porque neste mes xa se sabe (outra cousa máis que asimilamos sen rosmar) que subirá todo. Pero é verdade, malo será que non sigamos avanzando cara ó futuro, aínda que se vexa negro.

Eu creo que todos os anos pensamos o mesmo e aquí seguimos. Se atopamos algún atranco haberá que facer coma sempre: ou intentar quitalo, vencelo ou arrodealo. Dunha maneira ou doutra custará, pero, que carallo, que ninguén diga que somos uns gandulos ou preguiceiros ou nugalláns.

A proba tivémola co AVE. Anos e anos derrubando obstáculos e arrodeando atrancos e desfacendo pexas para que chegase a Ourense. E chegou! Para converterse no acontecemento local máis importante de todo o ano que nos acaba de deixar. Despois creo que como acontecemento nacional (pero si, en plan negativo) quedou o volcán da Palma. Pero tamén xa pasou. Porque todo pasa e todo cambia. Do 2021 pasamos ó 2022 e seguro que algo cambiará. Para ben? Para mal? Ah, iso o tempo o dirá.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES