Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 04 de enero de 2022
Voltas e máis voltas
Deixei de crer no universo. Porque me dixeron que daba voltas. E aquí o único que dá voltas son eu. Moitas veces mesmo pego reviravoltas, que xa é máis que volta e media. Dou voltas coma un peón. E bailo dun lado para o outro. E vou desde o principio ata a fin. E subo e baixo polas árbores da memoria, daquelas nas que buscabamos os Pingas de Orballo niños dos gaios ou as belotas dos carballos. Vou deica un cruce en concreto para contemplar o obxecto do desexo e recúo por onde fun, porque dalgunha maneira e por algún lado teño que volver. Vou e veño. Sempre. Porque se vas tes que volver. Tamén todo o que entra sae. Máis ou menos.
Vou dun tema musical a outro, porque eu nunca me deteño. En nada. Nin tan sequera cando estou quieto. Pois son os meus pensamentos os que dan voltas e máis voltas sobre unha esperanza pobre; pero, si, esperanza. Algúns, hoxe en día, non teñen nada. Ou non lles queda nada. Dou voltas buscando algo con que apagar este fogo que queima, que abrasa. Porque hai chispas que acenden o lume da ansiedade e lóstregos que abrasan as ganas, as apetencias.
Quero crer de novo no universo. Pero se el dá voltas eu teño que determe. E non quero parar. Quero dar voltas e máis voltas para provocar o encontro, para buscar os anhelos, para acosar os principios e para cambiar a realidade daquilo que semella negativo. Sei que o día que me deite sobre a relación positiva, entón si, entón si que se parará o universo. Pero xa me daría igual.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES