Tanxugueiras a Eurovisión
Santalla, Iago - miércoles, 05 de enero de 2022
Estes días andamos en mobilización para lograr un obxectivo: que as Tanxugueiras vaian a Eurovisión cantando o tema Terra. Pola miña parte teño as miñas dúbidas porque sei no país que vivo e creo que sería unha magnífica exaltación da diversidade que non vai consentir...
Ogallá algunha persoa que lea isto mo bote á cara en maio, cando Europa baile Terra, hoxe por hoxe paréceme utópico. Aínda así debo dicir, tamén, que o corazón teima en non escoitar á razón e no seu teimar latexa ao compás dun "pode ser"... este latexo vén agarimado por unha morea de comentarios en Yotube moi positivos.
Porqué non volver a ser pobos ibéricos? Porqué non REcoñecernos na diversidade? Porqué non apoiar a diferenza e sentila como propia? Ogallá vaian as Tanxugueiras. Agarimadas, ademais, por eses comentarios tan positivos que teñen na canle de Youtube...
... e tamén ogallá se empece a valorar a diversidade como un elemento infindo de riqueza que nos fai mellores. Que resiste!! A pesar dos afiados gumes da ignorancia institucionalizada.
Eu son desa España que se ergue pola rede en diversidade e respecto. Mágoa que non sempre, ou case nunca, se escoite a súa voz...
... Hoxe canta ao compás das Tanxugueiras. No desexo de que levar unha voz distinta a Eurovisión.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora