Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Turismo e as portas ó campo

martes, 26 de agosto de 2008
A Dirección Xeral de Turismo pretende meter en cintura os alugueres de verán, especialmente nas zonas de costa de Galicia.

Hai que recoñecer que se avanzou moito no camiño de estructurar unha hostelería normalizada, de que todos os establecementos ofrezan ós seus clientes as correspondentes cartas de precios, menús e facturas. Pero moito aínda queda por camiñar ata regularizar totalmente o sector.

Queda un aspecto importantísimo que por agora é unha auténtica selva: O dos alugueres de pisos e apartamentos turísticos para os meses do verán, onde as ofertas se publicitan en paneis, pancartas ou nas casas particulares, onde ningunha institución intervén, onde ningún recibo se facilita, onde – polo tanto- ningunha cantidade se declara á Facenda pública.

A lei vai prohibir o aloxamento en vivendas particulafres e habitacións soltas, precisamente cando a elevación do nivel de vida foi eliminando moitas destas iniciativas particulares que nin reunían condicións nin era posible contemplar en ningún regulamento.

Se entrase en vigor agora esa norma e se aplicase de xeito riguroso poucos establecementos dos pobos da costa galega poderían funcionar no verán, e á crise de alugueres que este ano se rexistrou habería que sumar o forzoso peche “empresarial” dunha actividade que en moitos casos é un puntal para as pequenas economías domésticas das zonas turísticas.

Nesto, a Administración galega vai cun retraso de moitos anos na regulamentación dun aspecto do noso primeiro sector que se vai poñendo ó dia na medida na que os clientes son máis esixentes porque teñen maior poder adquisitivo.

Certo que desde a lastimosa situación de hai dúas ou tres décadas ata agora mellorouse dun xeito radical, pero o mérito non foi da Administración. Foi do nivel de vida.

Preténdese agora poñer portas ó campo dos alugueres turísticos... Como o campo de que tratamos está todo practicamente construído, poucas portas haberá xa que colocar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES