Non o entendo!
Santalla, Iago - miércoles, 29 de diciembre de 2021
Non o entendo! Non, non o entendo: estamos nun momento histórico: no medio dunha dura pandemia mundial que, en menos dun ano, xa tiña visos de solución. Un ano tráxico no que foi moito o que perdemos...
Nun ano a ciencia e unha forte inversión a todos os niveis, fai posible unha serie de vacinas que salvan á cidadanía. Iso si, sempre en canto sexa cidadá do primeiro mundo...
Mais velaí que prende a chama conspiracionista e, con ela, a verdade absoluta: todos é mentira menos o seu sermón, aínda cando os seus argumentos se desmenten na máis dura realidade...
Eu xa vin dabondo como para saber o que quero: saír disto e volver a vivir. Polo tanto vacínense por favor, é de balde e temos a sorte de vivir nun país que mira por nós e polo noso benestar. Imos desprezar esta oportunidade?
Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora