Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Limiar

martes, 28 de diciembre de 2021
Cando Lourdes, verdadeira impulsora do libro, me encargou escribir o limiar para miña nai quedei parado. Que según a RAG significa sorprendido, confuso ou desconcertado. Pois eu as tres cousas. Se tiña claro que non hai nada máis feo que falar mal dunha nai, falar ben parecíame, polo menos, pouco obxetivo.

Aquel encargo, que no seu día aparentaba complicado e nada atraente, pasou a ser un auténtico privilexio.

LIMIAR "Lembranzas dunha vida" de Mª. Francisca Rodríguez Cabanas 1930-2021:

Se algo ten claro a autora deste libro é que os acontecementos máis grandes da vida non teñen lugar no despacho do rei senón preto de nós: na horta cando nace unha faba, na camposa cando se inunda de cucas, na artesa cando leveda a masa do pan...

Tampouco gusta do poder e da riqueza. Sabe que non son cousas boas porque os homes que as ostentan tampouco o son. E porque veu moitas familias destrozadas por culpa delas.

Por eso os relatos de Francisca de Cabanas son historias humildes de xente humilde. Xente que fala en galego para burla dos señoritos. Con historias que nos axudan a entender como eran aqueles tempos e por que agora somos así.

Non debe ser doado vivir na xeneración que pasou de andar con zocas e arado romano a manexar o móbil. Medrar na Idade Media e adaptarse a Internet.

A vida non foi fácil e houbo que pasar moitos traballos. Pero Francisca -xunto ó seu inseparable Luis- soubo sobrepoñerse a todo e sacar adiante á familia. Unha familia matriarcal (podo dar fe delo) que foi o eixo da súa traxectoria. Outro dos feitos que a marcaron para sempre foi nacer donde naceu. O Ourovello é máis que unha patria para ela. É parte da súa xenética. Pensa que non é necesario sair deste rueiro porque non hai ningures máis cosmopolita que O Ourovello.

Cando a súa prima Maruja, que dende nena non podía ver, viña pasar uns días ó Ourovello era todo un acontecemento. Sentaban na horta vella e falaban de cousas de rapazas.

Maruja preguntaba: Donde cantan eses galos? Como é o mundo?...

E Francisca, coas poucas palabras que aprendera na escola de Don Segundo, comezaba a describir a beleza do Xardín de Cabanas, as cores do Souto, a lonxanía do Coto Cendá, a profundidade do río Lambre, o río Neto...

As páxinas que siguen non son nin máis nin menos que a continuación daquela descripción. Literatura feita a machado. Porque para ser feliz e para entender o mundo non fai falla sair por él adiante. Para Francisca basta con sentar en calquer campón do Ourovello e observar o que éste nos ofrece. E disfrutar de cerdeiras e arredores espallados de flores. E saber, que por moito que os tempos cambien, os galos sempre seguirán cantando en Vilarciá.
Maceira, Francisco
Maceira, Francisco


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES