Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Belén dos Ancares

lunes, 27 de diciembre de 2021
O Belén dos Ancares nace polo nadal de 1998 gracias á iniciativa dunha veciña da Parroquia O Belén dos Ancaresde San Pedro de Cadoalla, e o apoio incondicional do colectivo cultural da vila, Zoela, Asociación Cultural de Becerreá, naqueles intres nos que todo era un xerme que comenzada a súa vida, ningún dos creadores pensabamos que 23 anos depois o Belén dos Ancares iba chegar ó nivel de aceptación por parte dos visitantes que ata o de agora pasaron por este lugar, xa que dende os inicios foron en aumento ano a ano.

Inicialmente, o Belén podía ser visitado na Igrexa Parroquial de San Pedro de Cadoalla, máis coñecida como igrexa do Santo, pero debido ás súas dimensións actuais, os creadores tivemos que pedir axuda ó Concello de Becerreá e a unha veciña que desintersadamente nos deixou o local na súa casa para a súa montaxe, a así hoxe podemos visitar o Belén dos Ancares na Avda. de Navia nº3 en Becerreá.

¿Qué é, e cales son os obxectivos que por parte dos creadores se pretenden acadar co Belén dos Ancares?

Primeiramente o Belén dos Ancares hai que dicir que é toda unha mostra de artesanía popular feita gracias ás mans da súa creadora Olimpia de León Cobo e o Presidente da asociación Cultural Zoela, Manuel Alejandro Vilela, sin eles esta obra de arte non sería unha realidade.

En segundo lugar, co Belén dos Ancares todos os creadores e colaboradores pretendemos primeiramente cubrir un vacío que tiñamos no Nadal nesta zona da Montaña Luguesa que era ter un Belén ó que visitar, e que ese Belén fose un fiel refrexo do día a día das nosas aldeas en tempos pasados, de ahí que as escenas que se representan sexan un craro exemplo dos oficios e traballos do rural galego en terras ancaresas, contando coa presencia dos productos da típica matanza do rural galego, panadeiros, traballadores do barro, carpinteiros, etc, así como pequenas mostras do que era a vida social nestes lares nas longas noites de inverno, nas que podemos decir que os fogares se convertían en auténticos parladoiros nos que mentras os homes contaban unhos contos as mulleres pasaban o seu tempo en fiar, cardar ou tecer as lanas que logo facían as roupas que lles servían para cubrirse dos duros fríos do inverno nestas montañas.
O Belén dos Ancares
En definitiva todo un escaparate dun día nos Ancares de fai máis de medio século e que o visitante ten ó alcance da súa vista se así o desexa facendo unha visita ó Belén dos Ancares.

Por suposto, sexan benvidos e agardamos que este Nadal unha visita ó noso Belén sexa do seu agrado.

Alberto Alonso Fernández. Secretario de Zoela, Asociación Cultural de Becerreá.
Alonso Fernández, Alberto
Alonso Fernández, Alberto


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES