Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 29 de diciembre de 2021
Dous heroes molgueses

Cada vez estou máis convencido de que a vila de Baños de Molgas ten moito que ver coas miñas heroicidades. E case sempre, no meu subconsciente, a auga da burga penso que é unha desas vacinas que te fan inmune a calquera adversidade. O outro día descubrín que non era o primeiro heroe de Baños de Molgas, xa que La Región publicaba na súa sección Historia en Catro Tempos, que o 22 de decembro de 1921, é dicir, hai 100 anos, dous veciños molgueses, que estaban prisioneiros dos mouros, escaparan das garras destes.
Pingas de Orballo Se non erro, por esa época andaban coa guerra do Rif a voltas. Polo que é fácil imaxinar a historia, a aventura, a heroicidade de Manuel Garrido e de Daniel Justo. En algunha escaramuza caerían prisioneiros deses aguerridos mouros. Pero eles, acostumados a andar entre toxos e silvas, o de acocharse detrás de certos cactos tivo que ser como sacar pallas dunha albarda. E non digo xa nada sobre o aguante ás friaxes nocturnas do deserto e ás ganas de beber en plena canícula do mediodía. Se me meto nas súas cabezas, sei seguro que para vencer á sede tiñan a imaxe da burga diante dos ollos, e non querendo dicir iso que fose unha alucinación ou un espellismo, que va.
Eses dous heroes molgueses plantáronse na praza de Melilla con dous sorrisos enormes e alardeando de que a súa fuxida fora pan comido, que a súa travesía polo deserto fora como cando Perico anda pola súa casa, ou o que é o mesmo, que andaron igual en casa allea que na propia. Que diferenza hai dunha poula de toxos a un deserto con cactos?
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES