Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 24 de diciembre de 2021
Memoria Suficiente

Quedei en pasar pola rúa do Esquecemento, pero non pasei. Botoume para atrás o propio nome. Tiven medo de perder a memoria, de esquecerme das cousas, ou de certas cousas. Non é que a miña memoria sexa boa nin moita, pero a que teño é suficiente para saber que onte foi pasado, que mañá será futuro e que hoxe é o que é. Tamén teño memoria Pingas de Orballo suficiente para saber que onde non hai ruído está o silencio e onde non hai silencio é porque hai ruído; que debaixo dun balcón, aínda que chova, non me mollo; que se escribo un verso detrás doutro máis seguro que forme un poema. Claro que despois todo dependerá do que diga tal poema, ó mellor sentimentos ou desexos ou actos que non estaban no recanto da memoria. Eses máis ben están nos latexos do corazón. Ou ó mellor non.
Non pasei pola rúa do Esquecemento para non esquecer esas pompas de xabón que esvaran, que escorregan polos corpos espidos; para non perder a memoria desa figura que se reflicte sen moita nitidez a causa dese bafo que se produce na ducha. Como se ve, a miña memoria poida que sexa pouca, pero retén o esencial, o bonito, o desexo cargado de substancia. A memoria dítame que se o ceo está moi negro, o sol non se pode ver. Que se unha ventá se abre, ó aire non lle queda outra que saír e ventilar. Que se todo se esquece, non hai memoria nin futuro. A miña será pequena e pobre, pero suficiente para saber que detrás da tempestade chega a calma. Tamén é certo que detrás dun pau pode caer outro. Pero iso xa é outra historia.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES