Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 23 de diciembre de 2021
Futuro de cor negra
El pensou que a vida era de cor rosa. Ela debuxoulle nun recanto da memoria unha liña de cor negra. El engurrou o seu xesto e ela non lle apartou a mirada. A tristeza del volveuse opaca. Cada un quixo partir por camiños distintos, pero nin el nin ela atinaron a dar o primeiro paso. Foi coma se o tempo quedase suspendido e como se as cores do arco da vella non soubesen que facer, se acocharse detrás dunha nube ou se instalarse por diante do sol. El Pingas de Orballo deixou de pensar en que a vida era marabillosa. Ela tan só lle soubo amosar un medio sorriso, algo tristeiro, algo indefinido e un pouco efémero.
El pensou que nunca espertaría do seu soño. Pero ela empezouse a esfumar ante unha realidade algo dura, algo cruel, como se fora invernal. El soubo ó momento que os soños tamén arden de ansiedade e que despois tan só queda a cinsa, esa cinsa que con pequenos sopros de indiferenza se espalla polas gaiolas da esperanza. Ela non di nada, tan só o contempla, monea a cabeza e marcha. El pecha os ollos e aínda así nota como pequenas pingas de orballo baixan pola súa cara. Pero ela non mira para atrás.
El pensou que o futuro sería de cor negra. Pero como se negaba a elo, buscou a cor da esperanza. Mais as pingas de orballo non lle deixaron ver ben o arco da vella e non soubo atopar a liña verde. El rachou o silencio cun berro. Cun berro seco, pero forte. Cun berro seco, pero que esgazaba. Cun berro seco, que o mantivo sen reaccionar. E ela perdíase cada vez máis na distancia e no infinito. El fincou de xeonllos... e chorou.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES