Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un valedor

jueves, 23 de diciembre de 2021
O xoves pasado, El Progreso, comunicaba o pasamento de Victor Corral co título de "valedor de todas as criaturas". Todo un acerto, porque este creador gastou a súa vida na defensa de todos os seres. Dende neno emparentou con todas e todos eles, a súa traxectoria e obra son un canto á igualdade, xustiza, paz..., a prol dos desherdados. Este enunciado fíxose eco da dedicatoria do seu "hectómetro literario", tallada en pedra polo artista chairego Xabier Quijada. Tiven a fortuna de facer camiño con él matizando e celebrando esta mensaxe. Foi o que subscribe, o que enxergou este título no que fomos afondando na nosa andadura.

Victor agasallounos a pomba que arestora convive con todas as criaturas do paseo dos soños, gorgoxeando ao ritmo das troitas que debuxan nas augas cantareiras do madalena espirais que acadan o ceo e que contaxiaron ao amigo catro días antes de deixarnos fisicamente. Dese mesmo baile co que nos envolveu nunha aperta sen fin, erguendo os brazos e sinalando o ceo. Con este xesto, nese día tan fermoso, estaba a tallar outro retábulo dos del, sempre señoreado na cima polo sol, unha pomba, o esprito... como adoitaba facer cando labraba calquera das súas pezas nacida da memoria máis agradecida: "árbore xenealóxica", "amor na natureza", "a creación", "a parexa de namorados"... Gravando nesta xornada co cicel do corazón a presenza e comun para sempre coa familia, amig@s, con todas as criaturas que seguimos facendo camiño par do noso valedor. Con aqueles brincos e cantigas estaba a unir ceo e terra que coa altura e perspectiva de hoxe anticipaban o que nos deixou plasmado nos seus "cristos gloriosos", que as súas mans tan xenerosas arrincaron das madeiras máis nobres reflectindo o seu universo sen límites.

Onte fun despedir o outono, o tempo preferido dos poetas chaireg@s ao paseo dos soños, recitando estes versos do escultor-poeta de baamonde:

"Outono impregnado de sarabia mollada.
Fico Calado, escoitando e vendo caer
brillantes de cor castaña.

E sigo andando por este prado
co chan pintado do froito dourado
a soñar con todo o que eu amo".

Coa paixón e coraxe coa que defendeu o castiñeiro do seu berce fai agora 50 anos, convertendoo en "santo e seña" da proteción do patrimonio e de todas as criaturas, no tempo no que estaba a pór os cimentos da que para sempre sustento e fogar de toda a natureza.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES