Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Poemas pendurados de farolas (V Edición)

jueves, 23 de diciembre de 2021
A quinta convocatoria de Poemas Pendurados de Farolas está adicada a Rosalía de Castro.

Poemas pendurados de farolas (V Edición)Para participar hai que enviar un poema por participante con unha extensión máxima de 16 versos ao correo npggazeta@gmail.com antes do 22 de xaneiro de 2022.

Nesta edición os poemas estarán en dúas localidades, Vilalba en febreiro e Guitiriz en Xuño.

En Vilalba, esta actividade formará parte das Xornadas Rosalianas que divdesas entidades vilalbesas estamos a organizar para ese mes.

En Guitiriz serán parte tamén do II Festival de poesía Guitirica.

En edicións anteriores as temáticas foron Os lumes, a violencia machista, as inxustizas sociais e o COVID con grande éxito de participación. Nesta edición, adicamos esta convocatoria a Rosalía de Castro para acompañar as xornadas vilalbesas adicadas á grande poeta galega, que tamén será homenaxeada no II Festival de Poesía Guitirica na segunda fin de semana de xuño.
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES