Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 22 de diciembre de 2021
Ó ritmo da música
Crucei A Valenzá ó ritmo da música. Foi coma un experimento. Porque ás veces gústame experimentar. Xusto ó saír da casa tocoume un rock and roll, que sabedes que é música movida e hai que alixeirar as pernas. Pero como o camiño se inclina un pouco, fíxoseme entón máis ameno o andar. Logo do rock and roll asomou unha polca de Milladoiro, que, iso, xa, por ser de quen era, non me custou nada seguir o seu ritmo. Si padecín un Pingas de Orballo pouco co Adagio, de Albinioni. Con este empreñei de melancolía e como dicía aquel: a melancolía é o pracer de estar triste. A ver, eu non estaba triste, pero era certo que a melancolía rabuñaba un pouco na alma. E logo, para máis aquel, sendo co adagio, a morriña faise máis duradeira porque tiña que acurtar os meus pasos ó ritmo dunha tartaruga ou sapoconcho.
Menos mal que axiña apareceu un tema da película “Os Picapedra” cun ritmo tan acelerado que non me quedou outra que botar a correr. Pasei da lentitude ás présas. E grazas a que o tema era curto non rebentei. Non obstante, o peor chegoume cando apareceu o Bolero, de Ravel, que como se me foi alá dos quince minutos, levoume case ás portas de Moreiras. Eu só quería cruzar A Valenzá! Antes de que rematara o bolero, rezaba para que me tocasen, logo, ritmos de rock and roll ou mesmo de heavy metal, xa que, á volta, desde Moreiras, todo sería costa abaixo. E todos sabemos que para abaixo todos os santos axudan. Polo demais, teño que recoñecer que estou contento co experimento, moi contento.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES