Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Suicidio: a pandemia oculta

miércoles, 22 de diciembre de 2021
É obvio por que elixo esta semana tratar o tema. Perdemos unha gran actriz como foi Verónica Forqué. Polo que se escoitou tratou de pedir axuda por varias vías, pero é moi difícil ler todos os signos e actuar para protexer. É moi difícil saber en que momento está cada persoa e calibrar o nivel do seu malestar emocional. Por iso, o suicidio nos sorprende e nos deixa sen palabras. Ninguén é capaz de imaxinar que unha persoa do seu entorno poida estar preto deste abismo e isto dificulta a actuación.

Por outra parte, vivimos nun país que ten moitos servizos e bos. A pesares de que sempre nos queixamos de que hai que desenvolver máis o Estado de Benestar e é verdade, tamén o é que a cota de instauración do mesmo non é nada desprezable. O que se empeza a percibir é que non toda a poboación sabe a onde ten que recorrer en determinadas circunstancias e isto empeza a ser a principal eiva do sistema.

Esta eiva agudízase cando a persoa non é capaz de racionalizar a situación e tende a pecharse en si mesma. Coido que isto non ten que ver co nivel educativo ou cultural, senón máis ben co control emocional e co manexo da frustración que cada un de nós fagamos.

Dito todo isto é evidente que estamos ante unha pandemia silenciosa que debería contar cun exército apoiado polas institucións e polo pobo. Este exército debera ter como finalidade ensinarnos a manexar as situacións límite, a buscar saídas, a ver todo o que podemos ser se sucamos a tempestade. Para que todo isto sexa real, a depresión ten que deixar de ser un problema íntimo, persoal ou familiar; pasando a ser un problema social e político do que tamén deberían ocuparse os medios de comunicación. Claro que para isto terían que saír do círculo vicioso do morbo no que, por unha porcentaxe de audiencia, todo vale.

Isto é unha pandemia oculta que hai que afrontar. Quen non o vexa, non ten que ir ao médico, soamente consultar os datos.

Por certo, o que si axudaría é que as súas señorías e os cargos públicos normalizaran feitos como o de ir ao psicólogo. Iso si que sería un servizo público...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES