Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os perdedores que se converteron en mitos

lunes, 20 de diciembre de 2021
Nunha primavera do 1483, A Frouseira quedou chea de sangue e mortos, así o recoñeceu o capitán Luis de Mudarra ao dotar un altar a St.ª Catarina e San Blas cunha misa no mosteiro de San Martiño «por las ánimas de ciertos que murieron e se enterraron allí (Frouseira)». Na memoria da xente do Valadouro son os que chaman «os mártires da Frouseira» e no romance polo Pranto da Frouseira pon «que xamais se veo vencida» polo que tivo que ser traizoada para poder conquistala. E Pardo de Cela aos ollos do pobo converteuse en mito por loitar e resistir tanto contra ás tropas dos Reis Católicos. E no mes de Nadal do 1484 ou xaneiro do 1485, a cara sur de Caldaloba quedou chea de furados feitos polos bolaños que lanzaron os trabucos das mesmas tropas do reino de Castela, as que non foron tampouco capaces de tomar a torre despois dun duro e longo cerco. Dona Constanza de Castro resistiu os ataques até que decidiron emponzoñarlle a auga do pozo. Morreu envelanada, loitando. Resistiu até o final da súa vida. Por iso, para os chairegos se converteu en mito. Por iso, a xente da Chaira segue en pé en honor daquela muller destemida e valente para que se lle manteña a torre como símbolo de loita, resistencia e dignidade.

O Mariscal e dona Constanza de Castro conquistaron os corazóns das xentes da Mariña luguesa e da Chaira vilalbesa. Estas xentes ao longo de cinco séculos mantiveron na súa memoria estas fazañas que aniñaron nas súas vidas, e que os seus descendentes mantiveron vivas ao pé do lume nos seus fogares. Viron en Pardo de Cela e dona Constanza un exemplo a seguir para combater ao Poder cando e extralimita nas súas funcións, sexa este Estado, Igrexa ou señor feudal. Perderon, mais sobreviviron ás derrotas e anque esquecidos pola Historia oficial e académica, o seu exemplo de loita e resistencia seguen no espírito dos chairegos e dos mariñáns lucenses mentres Galiza exista como pobo.
Meilán García, Antón X.
Meilán García, Antón X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES