Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 21 de diciembre de 2021
Por dicir que non quede

Pingas de Orballo Cando penso moitas veces de dicir algo, despois, dígoo ou non o digo. Segundo como me cadre. Agora mesmo podo dicir que o noso Feijóo dixo que en España gobernan partidos que non queren acatar a Constitución. Iso dixo el. E se digo eu... que Constitución? Porque vós, precisamente vós, os políticos, sodes os primeiros e únicos que non acatades nin tan sequera un mínimo de capítulos e artigos. Que moito predicar e prometer nos mitins, pero despois ninguén segue o simple ditado da Carta Magna, ninguén cumpre con aqueles artigos máis básicos e sinxelos. Dicir dicimos todos. E por dicir que non quede o asunto. Desde logo que non queda. Porque dicimos e...
Tamén podo dicir, porque me cadra, que o Papa dixo que os pecados da carne non son os máis graves. E como van ser! En tal caso son unha bendición de Deus! Non hai pecado máis bonito e máis gozoso que o da carne! Aquí tamén se demostra que dicimos ou falamos por falar. Sinceramente, o sexto mandamento non debería existir. Desde que o mundo é mundo, ese mandamento tiña que estar tachado con típex ou borrado coa punta dun cicel.
E remato dicindo, tamén porque me cadra, que o concello de Castrelo do Val, ou sexa, o seu alcaldiño (que son os que realmente mandan) dixo que os propietarios do gando deben limpar as vías públicas. Porque as vacas seica cagan polas rúas e deixan todo perdido, tanto que pode luxar os seus zapatos de charón cando se dirixa "a traballar" ó concello. E agora definitivamente digo o que dixen e direi sempre: que hai alcaldes e alcaldiños.

No raíl da vía do tren

Non me gusta que me provoquen. Aínda que son de carácter calmo, cando me quento, cando fervo ou cando me acenden a mecha estouro coma un foguete. Mellor aínda, como unha bomba. Hai uns dous ou tres meses non sei quen me buscou as pulgas de que eu non era capaz de andar sobre un raíl da vía do tren. Hai dúas semanas que marchei para a zona Pingas de Orballo da estación do ferrocarril de Baños de Molgas, asentei á pata coxa (repito, á pata coxa) sobre un raíl e aí sigo. Confirmo: levo dúas semanas!
Tíñalle medo ó momento de cambiar dunha perna para a outra (porque nin os máis grandes heroes son quen de aguantar días nas mesmas posturas), por aquilo do equilibro ó saltar. Ó final foi pan comido. Cun pequeno salto cambiaba e non tan sequera me torcía, me bambeaba. O problema da comida e bebida solucioneino co retador (non todo nesta vida consiste en ir de chulos; tamén hai que facer algo útil), que se encargou de darme de comer a base de bocados pequenos e de beber por medio dunha palliña para non ter que facer grandes movementos.
Pouco a pouco a xente empezou a congregarse ó meu arredor. Ós cachos alentábanme con berros e aplausos. Ós dez días, e como vían que eu aguantaba coma os heroes, axiña me deixaron, os mamóns. Foi a partir de aí cando empecei a sentirme só. E xa sabemos todos o que significa a soidade. Pero nin por esas; sigo no raíl da vía do tren e confío seguir aínda unha semana máis. Ou ata cando a min me dea a gana. A min ninguén me incita así como así.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES