Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O desacougante Cristo de Bazar

viernes, 17 de diciembre de 2021
Nas nosas igrexas, ermidas e capelas hai sempre algúns pequenos tesouros que quedan amontoados nos cuartos escuros dos desperdicios, de tal maneira que, cando vas levar algo a O desacougante Cristo de Bazarese recuncho, tropezas co que alí hai e rómpelo -sempre sen querer- porque o que alí resta pensas que non ten importancia, que xa fixo o seu uso e ademais está "demodé", e así vanse xuntando refugallos ao longo dos anos, incluso ao longo dos séculos, na fácil situación de permanecer que ten carácter de duración, mais esa permanencia, de súpeto, convértese en algo cheo dunha beleza que te chama e te fere nos teus pensares e sentires.

Algo parecido debeu pasar na igrexa de Bazar cun Cristo crucificado de tamaño natural ao que lle falta o pé esquerdo, froito desa permanencia e de vivir arredado, ano tras ano, sen que ninguén o botase en falta ata que unha persoa recolle a súa mirada ou o chama baixiño para que sexa observado e poida saír dese cárcere, xeralmente escuro, onde se retiran durante séculos para que deixen de vivir na nosa compaña e logo saian do caixón dos recordos máis brillantes que perlas engastadas.

Estando nun funeral desa parroquia de Bazar, non sei se foi el quen me buscou e fixo que tropezase a miña mirada nel, ou fun eu o sorprendido e admirado polo que alí acababa de ver froito dunha esaxeración aplastante do sangue que abrangue case que todo o seu corpo, sendo sempre tres os regueiriños que saen das súas feridas, mais o que nunca vira nun Cristo era que sangraba pola boca. Os xeonllos son unha esaxeración hiperbólica, sendo o primeiro que nos chama a atención, e despois, é ese corpo distorsionado que chega a un estado exhausto que contrasta coa súa cara indolora ou "post mortem".

O desacougante Cristo de BazarOs panos que recobren o pube están tan curvados, con tanta torsión, que son quen de ter dor eles mesmos, unha dor dinámica que se trata de envolver entre as liñas curvas que te axitan e desasosegan entre os panos porque o seu escultor procura na redondez das liñas ese desacougo e inquietude para que o que o vexa reaccione e actúe en consecuencia; é dicir, que se convirta ou acentúe a súa fe.

Este Cristo, ademais de todo, é articulado, o que nos induce a pensar que en épocas pertérritas serviría para facer algún tipo de representación na Semana Santa desta parroquia de Castro de Rei, sendo ademais un Cristo extravagante, recargado de sangue e con recursos cuxo fin é dar un gran dramatismo á representación debido a que, na miña vida coidei que as feridas dos xeonllos puidesen ser tan descarnadas ata tal extremo que chegan incluso a doerlle á persoa que o contempla, e pensando que os artistas barrocos ían á procura de expoñer a emotividade nas súas obras para conmover ao expectador, o movemento dos panos coas liñas curvas, etc, etc, fai que o encadremos no tenebrismo barroco.

Paga moito a pena ir a Bazar, parroquia da Valura de Castro de Rei, para contemplar a imaxe deste Cristo, aínda que un non sexa crente, porque con el podemos facer un estudo histórico, relixioso e sentimental.

Pd.- Para saber máis sobre esta parroquia, Xulio Xiz acaba de publicar un fermosísimo libro da súa historia e intrahistoria, titulado: 'Bazar, milagre social'. Ed. Deputación Provincial de Lugo, Lugo 2021.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES