Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 16 de diciembre de 2021
O Café Comercial

Hai uns días morreu a inmensa escritora Almudena Grandes e todos os medios de comunicación axiña espallaron opinións, comentarios, entrevistas e ruxerruxes a darlle cun sacho. "Para min, a Glorieta de Bilbao sempre foi e será o verdadeiro centro de Madrid", confesou nunha entrevista. Cando lin isto case me emocionei. Porque, para un servidor, Pingas de Orballotamén o foi. Principalmente o seu Café Comercial. Que penso que tiña menos categoría que o famoso Café Gijón, pero aínda así era local de referencia de artistas e escritores. Eu mesmo vivín moito máis tempo nese Café que na propia pensión. Cada vez que quedaba con alguén a iso da noitiña, xa marchaba para el despois de xantar. Para pillar unha boa mesa, xeralmente ó lado das cristaleiras, pois desde esa posición podías contemplar o movemento existente pola Glorieta e mesmo a saída da xente por unha das bocas de Metro. Houbo días ou tardes nas que cheguei a tirarme máis de seis horas dentro del, o que significaba que caían cafés e cigarros ata máis non poder. Cada media hora ou así, un café. Entre café e café, non sei cantos cigarros. (Agora mesmo levo 26 anos sen fumar). Tamén había días (principalmente as fins de semana) nos que entraba pola mañá, pola tarde e pola noite, e a pesar de que o café era caro de carallo.
Nese Café escribín todo o que se pode escribir. Escribín tanto que, agora mesmo, non sei cantos libros cheguei a escribir (sen publicar, por suposto), e facendo constar que cada "libro" tiña uns 200 folios. O que si sei fixo é que pasan de 100 e bastantes máis. Significou tanto ese Café para min, que un dos "meus libros" tituleino "Gloria no Café Comercial!".
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES