Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xogar para esquecer

jueves, 21 de agosto de 2008
O importe do que investimos nos xogos de azar en Galicia medrou arredor dun dezasete por cento no pasado ano, nun proceso que parece imparable e que supón que cada un de nós gasta ó ano máis de catrocentos euros en loterías e similares, esa singular droga que as autoridades correspondentes e competentes fomentan como xeito de incrementar sustancialmente os ingresos do estado.

Aínda así, estamos a metade do camiño do que gastan os madrileños que para eso teñen un moito máis elevado nivel de vida ca os habitantes do noroeste.

Fiar todo da sorte é propio de xentes pouco concienciadas de como pode avanzar un país, situadas nas antípodas dun colectivo investimento en industrias ou en fondos que proporcionasen riqueza e progreso para o país, e de paso para os investidores.

E esto, o ano no que aínda non se vía vir a crise, ou só a vian os pesimistas por natureza. Haberá que agardar ós datos do presente ano, no que antes de comezar o verán xa estaba á venda na inmensa maioría do país Lotería para o sorteo de Nadal.

O xogo é un recurso -ás veces, desesperado- dos que non albiscan ou non confían nos sistemas tradicionais de traballo-progreso que herdamos pero dos que moitos acaban por renegar.

Xogar para esquecer, para delegar na sorte un futuro no que non acabamos de confiar, pero que sabemos necesita ser mellorado de xeito notable. Para algúns, poucos, funciona. Para a inmensa maioría, non, xa que lles toca financiar a sorte dos afortunados.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES