Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Grazas!!!

viernes, 17 de diciembre de 2021
Rematar un ano invita a facer balance. Vou tomar como referencia unha lei aprobada no 2003 cun título moi suxestivo: Lei de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal. Ademais no mes de decembro coinciden varias celebracións: Día internacional dos dereitos das persoas con diversidade funcional, Voluntariado, Constitución, Dereitos Humanos... En todas se fala deses principios básicos.

As palabras representan ideas, moitas veces cargadas de prexuízos que condicionan a consideración social. Sirva como exemplo a lenta evolución de subnormal a persoa con diversidade funcional. Hai conceptos que se modifican para introducir un cambio de perspectiva. É o caso de inclusión que pretende substituír a integración no ámbito educativo. Segundo a Unesco, a diversidade non é un problema senón unha oportunidade que enriquece a sociedade. De nada serve figurar integrados como cidadáns se non hai opcións de participar.

O mesmo pasa con equidade e igualdade. Son similares, pero teñen matices con implicacións moi distintas. Aínda cos mesmos dereitos, as persoas non son iguais. A igualdade non ten en conta diferencias relevantes. Representa un trato uniforme para dar a todos o mesmo, mentres que equidade é dar a cada un o que lle corresponde conforme ás súas circunstancias. Vai máis alá aportando os recursos adaptados para garantir o cumprimento dos dereitos. Unha mensaxe clave para asentar un sistema de valores sobre o que construír o modelo social.
Grazas!!!
Unha sociedade só se pode considerar xusta se calquera persoa ten as mesmas posibilidades de acceder aos servizos. A igualdade de oportunidades é a única garantía dun futuro máis equitativo. A discapacidade non só reside no individuo. Tamén as contornas, coa súa configuración, impoñen barreiras que incapacitan. Esta loita por un mundo máis inclusivo leva demasiadas veces a caer en desánimo, por iso se valora especialmente o recoñecemento ao traballo voluntario.

O ano que se vai sorprendeume con propostas nas que primou a equidade. Varios acontecementos motivaron buscar solucións puntuais de accesibilidade que entendo se conservarán para o futuro. Desafíos fáciles de afrontar cando se fala na mesma clave. Nalgúns tiven ocasión de opinar in situ e noutros alguén, coñecedor da realidade de primeira man, opinou por min. Así o balcón dun concello, a tarima dun salón, un centro social... permitiron unha actividade normalizada. Manifesto o meu agradecemento ás persoas que o fixeron posible. Claro que tamén quedaron cousas a medio camiño. Experiencias que non vou citar por estar nun compás de espera para unha resolución positiva.

É difícil expresar que algo tan simple facilite a independencia e a autonomía. Oxalá se converta en habitual e non sexa novidade digna de mención. Grazas por esas oportunidades. Foi un honor pola confianza depositada, un orgullo por representar a miña cidade e, sobre todo, un regalo de inclusión. Grazas por tantas mostras de apoio recibidas e por escribir un pequeno capítulo da historia deste ano. GRAZAS!!!
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES