No belén de San Pedro de Cambás de Aranga faise eco da problemática dos gandeiros, dende a recepción da luz ata os baixos prezos dos seus produtos, que non cubren os custos de produción.
Nun primeiro cartel denúnciase as tremendas facturas da luz, que o gandeiro xa está afeito a traballar ás escuras e ten medo a encender os aparellos de luz: as muxidoras.
No seguinte cartel cóntase á sociedade que é consciente de que os produtos non nacen no supermercado, senón que chega un traballo laborioso, erguerse moi cedo e estar sometido durante todo o día a diferentes tarefas agrícolas.
E para rematar, o terceiro cartel do BELEN de San Pedro de Cambás de Aranga, denúnciase que os gandeiros denuncian que se lles apreta tanto e non se axuda xa que os gastos son moi moitos e os ingresos son mínimos, e son moitas horas de traballo sen apenas descanso.
